MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
UNIVERSITAS
Non fai falta chegar a adulto para saber o que un é. Os nenos e nenas tamén saben quen son. E ese quen son vai moito máis alá do sexo, home ou muller, que a sociedade lles asigna segundo os xenitais cos que naceron. Diso sabe moito Cristina Palacios, traballadora social e sobre todo nai de Sara, a primeira nena galega transexual que fixo o seu tránsito social con nove anos. Tralo salto aos medios de comunicación do seu caso, outras familias puxéronse en contacto con ela e hai un mes e medio crearon a delegación en Galicia da Asociación de Familias de Menores Transexuais Chrysallis, que Palacios preside. O seu obxectivo é loitar por mellorar a situación destes nenos e nenas que, coma os demais, teñen o dereito a vivir unha infancia feliz.
A conferencia de Cristina Palacios tivo lugar durante a segunda sesión da II Semana da Promoción Social, organizada por alumnos e alumnas dos graos de Educación Social e Traballo Social do campus de Ourense para afondar en cuestión de actualidade na súa área de coñecemento.
"Cando se coñeceu o caso de Sara outras familias puxéronse en contacto connosco e decidimos crear a asociación co obxectivo de loitar pola visibilización dos menores transexuais, pola normalización da súa situación e pola súa despatoloxización, para que médicos, pediatras e demais persoas deixen de velos como enfermos. Eles non son enfermos, son nenos e nenas que simplemente non se identifican co sexo que os pais e a sociedade lles asignamos ao nacer ao ver os seus xenitais", apuntou Palacios Castro
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos