EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Fillo do médico de Beneficencia de Ourense, José María Garza -ó que non coñeceu porque morreu cando el tiña só dous anos- e de Ramona Melón, e irmán de, entre outros, Eladio, influínte cura de Poulo, Lorenzo Garza emerxe nas hemerotecas que fun quen de consultar, no mes de marzo de 1924, publicando, dende Ourense, na revista cubana “Eco de Galicia” un artigo no que relata o seu contacto coa colectividade galega en Bos Aires (onde residía outro seu irmán) e sobre como ese ambiente de galeguidade na distancia era tan favorecedor para asumir o nacionalismo como concepto ideolóxico, criterio que el, sen embargo, só acabou engulindo dende a perspectiva sentimental. “Realmente, a mí el nacionalismo me agradó como ideal íntimo, pero nunca llegó a convencerme como programa político”, escribía xa daquela.
Unha tempada en Bos Aires e outra previa -polo que el mesmo relata en varios artigos- na Habana, danlle pulo para, aínda ben novo, marchar a Madrid co fin de asentarse alí e formar parte do idealizado mundo do xornalismo nunha capital da que pronto se sentiría decepcionado. “Madrid es actualmente un pueblo que se encuentra en el desconcertante minuto de destruir su vida del pasado siglo, pletórica de estética, para reemplazarla por el inadecuado ficticismo de post-guerra”, escribiu en xullo de 1924 no xornal El Pueblo Gallego, no que colaboraría ó longo de practicamente toda a súa traxectoria profesional.
Se cadra, por esa razón é pola que non tarda moito en aproveitar o primeiro tren que lle pasa pola porta, a onde viaxa como corresponsal de “Eco de Galicia” e onde se asenta durante algo máis de tres anos como testemuña privilexiada da vida cotiá e literaria da colectividade hispana na Cidade da Luz (denominación da que el renega) e onde ten a oportunidade de coñecer a auténticas personalidades españolas e extranxeiras e das que dá conta, non só en “Eco de Galicia”, senón tamén en “El Pueblo Gallego” e mesmo en “La Zarpa”.
Asinaba as crónicas como Lorenzo Garza e sabemos por Couceiro Freijomil que naceu en 1904. Vinte anos despois xa pasara pola Habana, Bos Aires e Madrid, dende onde viaxou a París para estrenarse alí como corresponsal, nas Olimpiadas
É certo que, máis ca París, tampouco os franceses lle entraron polo ollo dereito. “Desde la guerra, el francés -escribe en marzo de 1926- se ha colocado, sin que ello obedezca a un racial y étnico, en una posición hostil, cuando no agresiva frente a todo aquel que no ha nacido en su patria”.
Como tamén é certo que el viviu ese sentimento dende un lóxico estado de retranca ourensá, que o leva a rematar a crónica cun “a pesar de todo no deja de quedarnos como consuelo, que cuanto más nos odian los franceses, más nos quieren las francesas”.
E con ese consolo decide abandonar París para perderse nun mundo ignoto para el e para os que o coñecen. Non en van, cando os amigos ourensáns pensan que debía estar en “la rubia Albión” resulta que reciben, a través de Manuel Malingre Lamas, un libro titulado “Match, la novela del futbolista”, publicado en Caracas con bastante éxito editorial, así como unhas exitosas crónicas súas publicadas en “El Universal” sobre un gran terremoto sufrido naquel país en 1929.
Chegan os anos 30 e con eles un novo xiro no seu itinerario. Regresa a Ourense, casa con Jesusa Outeiriño (1933) e, con ela, regresa a Venezuela, aínda que por pouco tempo, xa que en agosto de 1935 aparece insolitamente como concursante-opositor a secretario de segunda clase, tendo como primeiro destino o concello de Parada do Sil e entre Parada e San Ciprián de Viñas decide ver pasar a treboada bélica.
Acostumado ó relato dende a perspectiva do observador, a guerra e as súas consecuencias obrígano a elixir e, coma tantos, disponse a convivir -é certo que ó seu xeito- co novo réxime. No medio -non tanto pola guerra, senón por mera cronoloxía vital- a familia vaise vendo fendida. En 1937 morre a súa nai Ramona Melón, no 39 falece o sogro, Berardo Outeiriño, e no 40 tócalle a quenda á sogra Ramona Blanco.
Nese contexto, Lorenzo é proposto como xefe de prensa e propaganda de Ourense, posto ó que accede en febreiro de 1941 e que ostenta ó longo dun ano, xa que logo, en abril do 42, consigue marchar para Lisboa e ó longo dunha media ducia de anos dedícase a escribir, non só sobre a colectividade española na capital irmá, senón -o que é máis interesante- sobre o papel que xoga a cidade atlántica no contexto internacional da Segunda Guerra Mundial, tanto para o xornal “El Pueblo Gallego”, como para “El Español”, así como para a prensa oficial do “Movimiento” baixo o epígrafe xornalístico, “Crónica desde Lisboa”.
E, como cronista oficial do réxime, en setembro de 1948 emprende viaxe para Washington, co fin de establecerse alí e dende alí informar coa súa singular visión, do que acontece nos anos da posguerra na capital do mundo.
Pero como todo o que nace, morre, probablemente cansado de tanto periplo internacional e, en definitiva, de tanto mundo, a hemeroteca -se non a interpretamos mal- colócanolo en 1961 de novo como simple secretario municipal destinado no concello onubense de Niebla, dende onde volve á prensa nacional e onde desaparece dos “focos” informativos, nos que deixou perlas tan interesantes como a crónica apócrifa á que xa fixen referencia e que en 1924 escribiu sobre o remate das Olimpiadas parisinas.
Vexamos: “Con julio han terminado las pruebas del VIII concurso Olímpico. En los cuerpecitos de las niñas de los grands-boulevards pueden verse aún las huellas de los zarpazos de los atléticos americanos. Por estas aceras corrieron en un torrente mixtificado, el triunfo, el oro, la belleza y la fuerza viril. E impulsando toda esta procesión sádica, la ambición y la lujuria...”
Pasaron cen anos e París volveu pechar as portas. Quen di que non como Garza a describiu en 1924?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último