GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
Audiovisual
Ourense converterase esta noite na capital do audiovisual galego coa gala de entrega dos XXI Premios Mestre Mateo, outorgados pola Academia Galega do Audiovisual. Na alfombra vermella do Auditorio desfilarán directores, actores e toda clase de persoeiros do mundo do cine e das series, moitos dos cales anhelan facerse cunha estatuíña que reconoza os seus méritos no mundo do audiovisual.
Na gala terán unha destacada representación os filmes rodados en Ourense, nomeados en numerosas candidaturas. Á cabeza -e entre as favoritas- figura “O corpo aberto”, de Ángeles Huerta, proposta en 16 categorías. Séguenlle “O home e o can”, de Ángel de la Cruz, e “Live is Life”, de Dani de la Torre, ambas con catro candidaturas. “Valentina”, de Chelo Loureiro, ten dúas. Por último, o Concello de Vilariño de Conso aspira a facerse co galardón de mellor anuncio por “Vive o noso Entroido”.
Ademais, hai varios ourensáns candidatos na gala. Iria Sobrado (“Rapa”) e Elena Seijo (“O corpo aberto”) poden facerse co premio de mellor intérprete de reparto. A trivesa Raquel Nogueira é candidata á mellor serie web con “Historias vageniales”, e a verinesa Esther Estévez concorre na categoría de mellor comunicadora por “Dígocho Eu”. Os tamén ourensáns Tito Asorey e Noelia Rey estarán entre os encargados de revelar os gañadores.
TELEMIÑO, CANDIDATA
Telemiño non faltará á festa do audiovisual galego. “Cinephilia”, o programa sobre cine da cadea ourensá, é candidato a mellor programa e a mellor realización, mentres que o presentador do espazo, Simone Saibene, ten opcións de levar unha estatuíña a casa como mellor comunicador.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GUERRA POLÍTICA LOCAL
Taboadela y Barbadás chocan tras un obradoiro frustrado
ROBOS DE COBRE
A la caza del “oro rojo” en Ourense
PUNTOS CRUCIALES
Imágenes aéreas | Un recorrido aún sobre plano
Lo último
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
Lo que deberíamos desaparecer de ciudades y vivideros
MUCHO EN JUEGO
Mucho en liza para La Purísima y el Verín
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El campesino, el huevo y la patata
PROGRAMA SALVAGUARDA
El vino se queda sin protección de la UE ante Mercosur