IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
Cine e series
Ourense acolle esta noite a entrega dos premios Mestre Mateo, froito da colaboración da Deputación de Ourense coa Academia Galega do Audiovisual e enmarcada na estratexia desenrolada polo goberno provincial para potenciar o sector audiovisual na provincia de Ourense. Unha liña de traballo que, como afirma o presidente da Deputación, Manuel Baltar, “levou a un 2022 histórico, cunha decena de rodaxes e ata seis producións gravadas dun xeito simultáneo”. Eixes importantes neste obxectivo son a consolidación do OUFF como o “festival de cine de Galicia” ou a implementación da Ourense Film Commision, “nun posicionamento referencial de Ourense dentro da industria audiovisual que leva a acoller os Mestre Mateo ou o programa para guionistas e produtores ‘European Writers Club”.
O cinema gravado en Ourense co apoio da Deputación suma 26 nominacións aos XXI Premios Mestre Mateo. “O corpo aberto” é a película máis seleccionada nesta edición polos académicos (16 candidaturas), nunha lista de películas nominadas co apoio do goberno provincial completada por “O home e o can” (4), “Live is life” (4) e “Valentina” (2).
Dentro da ampla presenza de filmes con selo ourensán entre os candidatos destaca a categoría de mellor película, onde tres das catro películas contan co patrocinio do goberno provincial e foron gravadas na provincia: “O corpo aberto”, “O home e o can” e “Live is life”. As tres longametraxes foron estreadas no Festival de Cine de Ourense.
“O corpo aberto”, de Ángeles Huerta, posiciónase coma a gran favorita para a gala dos Mestre Mateo. A película parte dun conto titulado “Lobosandau”, o primeiro dos dez relatos que integran o libro “Arraianos” de Xosé Lois Méndez Ferrín, e está gravada en Lobeira, Bande e Muíños. Ademais da mencionada nominación a mellor película, suman candidaturas a súa directora; actores como Tamar Novas, María Vázquez, e Victoria Guerra; e en boa parte das candidaturas técnicas.
“O home e o can”, de Ángel de la Cruz, suma catro candidaturas: ademais de mellor película compite en mellor guión, mellor actor principal -Manuel Manquiña-, e mellor dirección de fotografía. O filme é un drama que conta unha emotiva historia arredor da soidade dos maiores e o abandono do rural, con escenarios nun pequeno pobo de San Cristovo de Cea e unha vintena de lugares seleccionados da capital ademais das escenas rodadas no polígono de San Cibrao das Viñas.
“Live is life”, de Dani de la Torre, compite en mellor película e nas categorías de mellor montaxe, vestiario e dirección de arte. O filme está ambientado na Galicia de mediados dos anos 80 e foi rodado na Ribeira Sacra.
Por último, “Valentina”, de Ángeles Loureiro, está nominada á mellor película de animación desta edición dos Mestre Mateo despois de gañar o Goya en 2022. Ademais, este filme patrocinado pola Deputación tamén é candidata á mellor música orixinal, de Nani García.
Segundo Manuel Baltar: “Estas nominacións volven a acreditar os froitos do traballo realizado para converter a Ourense no mellor plató de cine de Galicia”.
Na pasada edición do OUFF puideronse visionar as xa citadas “O home e o can” e “O corpo aberto” e outras como “A mazá de ouro”, de Jaime Chavarri, “El tirabeque”, “13 exorcismos”, “Honeymoon”, “Amigos hasta la muerte” ou o primeiro capítulo de “Motel Valkirias”, ademais de proxectos con ADN ourensá como o documental “Peregrinas” de José Antonio Vázquez Taín.
Un dos eixes clave nestre proceso foi a Ourense Film Commission, presentada no marco do Festival Internacional de Cine de Ourense. “Unha ferramenta nacida despois de anos de traballo coa que seguiremos tecendo todas as nosas potencialidades, favorecendo e impulsando ao sector audiovisual como axente dinamizador desta provincia”, segundo sinalou Manuel Baltar. “A estratexia tivémola clara desde o inicio, aglutinar os impulsos ao audiovisual creando un estudado paquete de estímulos ás rodaxes e coordinar esforzos para converter a Ourense nun gran estudio de películas e series. Máis de catro anos despois, con máis de dúas decenas de proxectos completados, podemos dicir que acertamos e vamos polo mellor dos camiños”.
Neste contexto, a Deputación de Ourense colabora na rodaxe da segunda parte da película “Cuñados”, que comezará nos vindeiros días. O obxectivo da produtora é estrear a longametraxe nunha das galas da 28 edición do Festival Internacional de Cine de Ourense. Manuel Baltar expresou a súa satisfacción polos primeiros pasos dun novo proxecto audiovisual “que seguro terá o tremendo éxito que tivo a primeira parte e representará a ese Ourense no que cremos todos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
guerra en Ucrania
Zelenski aborda con Estados Unidos la reconstrucción de Ucrania
DIARIO DE UN RECLUSO
Sarkozy denuncia haber sufrido malas condiciones durante su encierro en la cárcel
ESTA TARDE A LAS 17:00
Tomé dimitirá como presidente de la Diputación y dejará sus cargos en el PSdeG