PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
Os pais dos nenos de entre cero e catorce anos de Coles, Amoeiro, A Peroxa e Vilamarín queren que cando os seus fillos necesiten ir ao médico, conten sempre cun pediatra no centro de saúde de Coles, sede da mancomunidade santiaria que conforman e onde se presta este servizo dous días á semana (os martes e os xoves). Se un neno enferma nos días nos que non hai pediatra, este ten que ser atendido por un médico de familia, algo que os pais non comprenden, polo que reclaman “ter un pediatra todos os días da semana. Non somos de segunda categoría.”
No caso concreto deste pediatra, debe compatibilizar estas atencións coas que ten no centro de saúde de Ribadavia, onde consulta os tres días restantes da semana. O problema está en que, cando falta o outro pediatra de Ribadavia, o de Coles desprázase ata alí, deixando “completamente desatendida” a consulta dos concellos da área metropolitana. Os pais da zona inciden en que “esto é algo habitual. Podemos estar sen pediatra un mes, con todo o que iso supón”.
Os pais dos cativos apuntan ademais que “non nos ofrecen solucións viables”. Por un lado afirman que os derivan a urxencias, “e non imos ir a urxencias por unha revisión ou un seguemento”; e a outra solución que lles ofrecen é “ir a Ribadavia para que o vexa o seu pediatra. E quen paga o combustible para ir ata alí? E o tempo que perdemos?”, reivindican. Afirman que se puxeron en contacto co Sergas, pero a única resposta que recibiron é que “non hai pediatras”. Este diario tampouco obtivo resposta por parte do Sergas. “Fixemos centos de escritos e non logramos nada”, lamentan.
Esta situación está provocando que haxa pais que están cambiando o seu lugar de empadroamento para que lle asigne o centro de saúde da Ponte, na cidade. Pero isto tampouco é solución, xa que, “se todos fixeramos así, quedaríamos sen pediatra de forma definitiva”. Outra solución que están tomando os familiares dos cativos é pagar seguros privados para “asegurar que o meu fillo recibe as vacinas a tempo e que acode ás revisións cando lle toca, algo que agora non está garantido”. Afirman que “é habitual” ter cita concertada para un dos días nos que deberían ter pediatra no seu centro de saúde, chegar “e que che digan que non está, sen máis solución ca ir a urxencias”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
ESCULTURAS A BASE DE BARRO
El Colegio Oficial de Agrónomos celebra su patrón con arte
IMPULSOR DOS MAIOS
Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tren tecnológico