EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
ENTREVISTA
Paula Cons (A Coruña, 1976) presentou este luns no OUFF o seu novo filme “Mi ilustrísimo amigo” na que explora a relación entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós no que foi a súa estrea en Galicia.
Pregunta.Como nace a idea de “Mi ilustrísimo amigo”?
Respuesta.Eu non arranquei este proxecto, veume de encargo, pero a historia pégame mogollón. Ten unha protagonista feminina forte, está baseada en feitos reais e a historia é marabillosa. Emilia alucíname en todos os sentidos, pero Benito… Se leramos máis a Benito, moi diferente nos iría neste país.
P. Que descubriu destes personaxes?
R.Descubrín as persoas. Aínda que son dous dos maiores literatos da nosa historia e as cartas son unha pasada, ao final son persoas sentindo e vivindo como boamente poden fronte as circunstancias. Intentei conectarme máis con esa parte, coa Emilia muller do século XIX, aínda que Emilia aínda é moderna hoxe. Como vive a súa sexualidade, o seu corpo, o amor, a vida. Paréceme que ten moitas leccións para que escoitemos.
P. Que opina sobre esa inimizade da que sempre se falou entre Emilia Pardo Bazán e Rosalía de Castro?
R.Eu non sei moito, non sou nada experta no tema, pero habería que ver se tamén esa inimizade se viu un pouco promovida por Manuel Murguía. Non entendo esta manía de enfrontarnos ás mulleres. Emilia é unha privilexiada. Ten unha relación coa súa criada que tamén é moi interesante para non divinizala. É un ser de carne e óso que a caga e que mira por enriba do ombreiro e que ás veces non se dá conta do lugar de regalía que ocupa.
P.As súas historias, malia ter un gran trasfondo, chegan moito ao espectador.
R.Eu intento ser honesta cando teño a historia diante. Interésame moito conectar co espectador, pero ao mesmo tempo busco non facer algo facilón, pero o lugar dende o que chego eu ao cine non é elevado. Son moi reivindicadora de que as clases obreiras fagamos cine. Son unha muller de clase obreira, que non cheguei ao cine cando eu quixen, senón cando puiden, cando me deixou a sociedade. Entón narras dende o que es. Interésame moito a opinión da miña nai cando vai ao cine, sempre lle pido que me faga unha crítica e alucino coa análise tan certeira que fai sempre.
P.Tardou en chegar, pero conseguiuno. Que lle diría ás mulleres que están loitando por un oco no audiovisual?
R.Eu son titora de guión e encántame traballar con mulleres para transmitirlles todo o que me gustaría que me tivesen dito a min. Agardaría que a estas alturas cresen máis en si mesmas, tivesen máis confianza. E vexo que non, que o sistema está deseñado para baixalas, calalas, para que sexan tímidas, inseguras. Eu sempre lles insisto moito en que confíen na súa propia visión.
P.Falemos do idioma, vostede aposta por defender o galego nos seus filmes, aínda que é algo que non sempre conseguiu.
R.Para min foi algo doloroso non poder facer “A illa das mentiras” en galego, é a maior frustación da miña vida. Aínda que traballamos cunha lingüísta e as personaxes están cravadas. Logo fixemos a dobraxe ao galego e puiden estrear esa versión nas salas de cine de Galicia. Pero esta peli non tiña ningún sentido facela en galego. Si que se reivindicou moito o acento canario de Benito e Emilia ten acento galego a saco.
P.Que agarda do OUFF?
R.O contacto co público, que iso é un regalo. Facer unha película é un regalo absoluto. Vela na miña terra paréceme marabilloso, porque por agora non ocorreu. Viuse en Canarias, Madrid e festivais internacionais, pero vela aquí faime moita ilusión.
P.Que película lle tería gustado dirixir?
R.Cal non! Moitísimas. O que si diría é que sería unha película dirixida por unha muller. Estiven 30 anos vendo películas feitas por homes, aceptando que esas historias, ese xeito de verme a min como muller, tiña que asumilo. De súpeto chega unha muller e fala e mira coma min, dende o mesmo lugar, e iso apélame moitísimo máis.
P.Cara onde van os seus próximos traballos?
R.Os proxectos que teño en carteira son moi políticos. Estou coescribindo unha historia na que Victoria Teijeiro, unha das protas de “A Illa das Mentiras”, e Antonio Resines serán os protagonistas. É unha peli que quere ser ambiciosa e trepidante. Chámase”Gloria e Olvido”, ata aí podo ler.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último