EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
REPORTAJE
Coidado co da antena. E co que o agarra do ombreiro. O ano pasado fixéronse pasar por uns rapaces de Texas para un concurso da NASA que so admitía a americanos. Seica os pillaron cando ganaron unha fase. Rumores. O director do IES Lagoas, Carlos Varela, di: "Eu non tiña nin idea". O certo é que Daniel e Pablo son estudantes de 4º da ESO deste instituto ourensán e axiña encontraron compañeiros de aventura para un proxecto no que, desta vez, si que son aptos. Con Xián, Adrián e Brais forman o equipo galego que o próximo 5 de maio lanzará dende Zaragoza o seu propio satélite para un concurso da Axencia Espacial Europea. No hall do centro teñen o seu despachiño científico.
CanSat, o aparato
Brais suxeita na man o "CanSat", así se chama o pequeno satélite do tamaño dunha lata de refresco cuxa misión é recoller datos como a presión ou a temperatura. "Dentro do CanSat vai un ordenador moi pequeno que medirá determinados datos. O concurso da Axencia Espacial Europea pide uns e os equipos buscan outros datos secundarios", conta Pablo. Así, ademais do esixido polo certame, o CanSat do grupo do IES As Lagoas tamén busca datos como "temperatura, presión do aire, aceleración...". Non lle teñen nome ao "aparato", ou máis ben, prefiren non comentalo. "Pablo, no lo hagas...", advírteo Adrián, o informático do grupo, que sabe que lle toca a parte máis complicada. "Xián e eu ocupámonos da parte de programación", di. Daniel, o da antena, encárgase da comunicación. Pablo e Brais pulen e cortan a estrutura. Gústalles traballar en grupo e os cinco teñen a súa particular pasión científica. Xusto o requisito que pide a Axencia Espacial Europea, que pretende animar aos mozos a desenvolver unha carreira relacionada cos ámbitos CTIM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Os do IES As Lagoas teñen bastante claro o seu futuro: deseño gráfico, videoxogos, enxeñaría aeroespacial, biotecnoloxía... Disciplinas para as que van "facendo currículo" con proxectos coma este. "É un traballo autónomo deles, non recibiron axuda. So asistencias", enorgullécese o director do centro.
Toca esperar ao 5 de maio para que a Axencia Espacial Europea valore o viaxe ás alturas do CanSat destes cinco pillabáns. Moita sorte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último