NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
Cen anos despois de que don Ramón Otero Pedrayo e dona Fita xuntaran as súas vidas un 6 de agosto de 1923, unha unión que nunca se rompeu ata que a morte os separou, Trasalba volveu render homenaxe ao patriarca das Letras Galegas. Onte presentouse en sociedade a futura Praza de Don Ramón Otero Pedrayo, que se situará no espazo situado a escasos metros do Pazo entre o adro da igrexa -ao que matrimonio acudía todos os domingos que estaba na aldea á misa- e o muro do Souto, a proposta da Fundación Otero Pedrayo. Unha parcela que fora propiedade de don Ramón e que doara aos veciños de Trasalba hai 47 anos. Onte, fíxose un acto solemne nesa localización de 1.090 metros cadrados que se transformará en homenaxe ao patriarca das Letras. O Concello de Amoeiro acolleu con “bos ollos” a proposta da Fundación, como dixo o alcalde, José Luis González, e está a tramitar o expediente para urbanizar o espazo.
A Fundación Otero Pedrayo celebrou, como todos os anos, un día na honra de don Ramón, quen no momento da súa morte “deixara escrita a súa vontade de que durante varios anos despois do seu pasamento, 15, di nun dos seus testamentos, se celebre anualmente unha misa “pol´a miña yalma”, explicou o presidente da Fundación, Eduardo López Pereira. ”Esa súa vontade quedou manifestada en tres testamentos hológrafos que redactou en 1935, 1941 e 1958”, uns testamentos editados por Patricia Arias Chachero e que onte se entregaron a todos os asistentes ao acto.
Conxugando pois o centenario do matrimonio, a misa anual por don Ramón e a conmemoración de 75 aniversario do cruceiro que o patriarca das letras construíu perto da igrexa, Trasalba acolleu unha festa que comezou coa eucaristía oficiada polo señor bispo, Leonardo Lemos, e cantada polo coro Voces Graves de Vigo. Posteriomente, xa no Pazo, continuou coa actuación do coro e a representación do grupo de teatro Platea, que representou aspectos da vida do célebre escritor galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NO ES UN HECHO AISLADO
Cae con 80 gramos de cocaína a los 4 días de una condena por drogas en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Ourense suma 2.600 nuevos casos de cáncer en el último año
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
Lo último
Manuel Orío
RECORTES
La rebelión del hijo
BORRASCA LEONARDO EN OURENSE
El temporal pasa factura en ambos institutos de Xinzo con aulas llenas de agua
JUNTA DE SEGURIDAD
La ciudad de Ourense cuenta con 178 casos activos en el Sistema VioGén