RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
O legado de Valentín Lamas Carvajal(Ourense, 1849-1906), un dos precursores do Rexurdimento, segue máis vivo ca nunca. A Asociación de Medios en Galego organizou onte unha homenaxe ao escritor, coñecido tamén pola promoción de “O Tío Marcos da Portela”, o primeiro medio escrito íntegramente en galego, que viu a luz o 7 de febreiro de 1876. Precisamente, o Arquivo Provincial de Ourense adica un espazo a esta publicación, xunto a La Región, como parte da historia da cidade e da provincia. Personalidades do mundo da cultura, así como familiares de Lamas Carvajal -a súa tataraneta Ana Malingre é unha das grandes defensoras da súa pegada-, compartiron reflexións no Liceo.
O historiador Afonso Vázquez-Monxardín, colaborador de La Región, é un dos grandes expertos na figura de Lamas Carvajal. Igual que o resto de participantes, Monxardín reivindicou a “posta en valor” da figura pioneira de Valentín Lamas Carvajal, xa que en 2024 se cumpre o 175 aniversario do seu nacemento. “É un bo momento para reivindicar o seu legado, como precursor do Rexurdimento”, anota. Por outra banda, sinalou a súa adicación á prensa. Ademais de ser o promotor de “O Tío Marcos da Portela”, cabe recordar que La Región publicou en 1923 a súa obra completa, ademais dalgunhas edicións de “O catecismo do labrego”.
“Lamas Carvajal é unha das figuras senlleiras do xornalismo galego. Case cego, a súa obra literaria e periodística demostra un enorme tesón, superación persoal e confianza no labor que desenvolvía”, sinalan dende a Asociación de Medios en Galego, que subliñan que “O Tío Marcos” acadou un gran éxito e a súa tirada chegou aos 4.000 exemplares “nun momento histórico no que había importantes índices de analfabetismo”. Para os medios en galego, a clave foi “a ironía e o humor” da publicación, así como a “conexión dos temas” que trataba coas preocupacións dos labregos.
Durante o acto tamén se lembrou a Basilio Álvarez, sacerdote, xornalista, político e fundador do movemento agrario Acción Gallega, que foi autor dun novidoso Manual de Xornalismo a comezos do século XX.
Pablo González, da Asociación de Medios en Galego, sinalou a actualidade das publicacións -son preto de 160-, que son “moi plurais”. Tamén acudiu ao acto deste luns Valentín García, secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e Henrique Sanfiz, de Radio Fene.
Os asistentes promoveron un recoñecemento a Lamas Carvajal “necesario” no 2024. “É curioso que teña en Ourense unha rúa e unha estatua, pero non hai un centro ao seu nome ou outro proxecto”, puntualiza Monxardín, que cre que o motivo deste recoñecemento escaso se debe a que “era pouco moderno para a época”, eclipsado, por tanto, por outros intelectuais que si teñen outras iniciativas ao seu nome.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RIESGO DE INCENDIOS
Activada la alerta amarilla por calor en Ourense para este martes
APARCAMIENTO DE LAS TERMAS
Vídeo | Susto en Outariz al arder una autocaravana: "No contestaba nadie"
HELICOPTERO MEDICALIZADO
Un motorista en estado grave tras una colisión en Velle
Lo último
CULTURA EN RIBADAVIA
Teatro, cultura y convivencia en Ribadavia
LEMBRANZAS
Ourense no tempo: álbum de verano | Arquiñas
José Antonio Constenla
Mirando a Roma para no mirar a Rabat
MAIORES DE SAN AMARO
Plans para que os maiores desfruten fóra de casa en San Amaro