Rocío Salgado: “O difícil dun personaxe como caperuchiña é non caer no cliché"
O próximo domingo, 3 de xaneiro, unha peculiar "Carapuchiña Vermella", interpretada pola actriz verinense Rocío Salgado, chegará ata o Auditorio de Ourense, ás 17,00 horas, da man de Educateatro.
O próximo domingo, 3 de xaneiro, unha peculiar "Carapuchiña Vermella", interpretada pola actriz verinense Rocío Salgado, chegará ata o Auditorio de Ourense, ás 17,00 horas, da man de Educateatro.
Esta Carapuchiña é diferente á dos Grimm?
Si, segue a mesma liña argumental pero introduce novos personaxes (como Lobiño, o fillo do lobo), cancións orixinais con voz en directo e un final diferente. Intentamos introducir detalles didácticos, para que os cativos, ademais de gozar co espectáculo, aprendan a importancia da reciclaxe, as profesións, a igualdade...Carapuchiña é unha rapaza moderna, que emprega novas tecnoloxías.
Representar un personaxe da propia infancia, é especial?
Claro que si! Todos temos un bonito recordo da nosa infancia, e poder volver atrás no tempo sempre xera ilusión. Eu vívoo como unha nena pequena e pásoo en grande xogando e saltando, é realmente como volver a ter 9 anos.
Os contos seguen sendo referencia para os cativos, ou agora xa son máis descoñecidos?
Creo que os contos nunca pasarán de moda, é una forma que teñen os nenos de soñar e de coñecer personaxes aos que lle suceden conf litos que teñen que resolver. Para eles son pequenos referentes que os axudan a crecer como personas e cos que aprender a afrontar as dificultades da vida. Creo que os pais deberían seguir dedicando parte do seu tempo a contarlle contos aos nenos, para eles é moi importante.
Como responde un público que ten dous anos?
Responde xenial, entra de cheo na historia e queda abraiado coa luz e a cor que desprende o espectáculo, pero, sobre todo, coas cancións. Temos que facer que todo o que aconteza a maiores capte o seu interese, falándolles ou mirándoos directamente. Ademais, este é un espectáculo moi interactivo no que os peques teñen que responder, seguir pequenas coreografías, aplaudir ao ritmo da música... e tamén os maiores!
Onde reside para unha actriz a maior complexidade nun espectáculo así?
En non caer no cliché. Sempre que unha persoa maior intenta imitar a un neno vai ao fácil, imitan os xogos, son moi preguntóns, falan de xeito estridente... pero un neno vai moito máis aló. A súa cabeza non para de pensar, de ter preguntas, de aprender... e reflexar iso en 50 minutos é moi difícil. De feito aínda o sigo mellorando función tras función.
Estes espectáculos axudan a crear público teatral?
Si, este tipo de espectáculos xera un público que vai con gusto a ver as obras e que, se sae contento, volve. Os nenos de hoxe serán os homes e mulleres do mañá, e se dende pequenos se acostuman a gozar da maxia do teatro, cando medren continuarán coa afición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Xose A. Perozo
Soño dun día de verán
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
A saúde do Nós
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
El doble bikini como filosofía de vida