INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
TECNOLOXÍA
A start-up Senseitrade, instalada na Tecnópole para desenvolver o seu proxecto de negocio, acaba de lanzar para a súa app un concurso mensual de bolsa. Para este, se recomendarán os valores nos que convén investir utilizando a información que circula nas redes sociais en tempo real.
O concurso arrancará este luns na app, que xa conta cunha nova versión dispoñible para Android e IOS. O usuario que máis diñeiro logre acumular operando coa aplicación gañará un iPad mini.
A aplicación
A idea deste equipo naceu dun grupo formado por un economista e catro enxeñeiros, que tras analizar más de 250.00 tweets sobre bolsa, concluiron que se pode predicir a súa evolución cun 87% de acerto.
A partir da análise das redes sociais, Senseitrade ofrece unha serie de funcionalidades para que calquera persoa poida acceder ao investimento en bolsa sen ser un experto. Ademais de permitir comezar a operar cunha conta demo (con diñeiro virtual).
Os promotores de Senseitrade aseguran que a súa ferramenta non só é interesante para investidores que están a empezar, senón tamén para traders máis profesionais que utilizan outras ferramentas de análise de bolsa pero que queren confirmar as súas previsións con información do que se está comentando nas redes sociais.
O seu modelo de negocio baséase na subscrición, que permite o acceso aos servizos de análise en tempo real e as alertas de compra ou venda en bolsa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
Lo último
Elecciones presidenciales
Kast, el ultraderechista vinculado con el nazismo y la dictadura que promete orden en Chile
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Luis Cepeda vuelve a casa por Navidad?