HUELGA SANITARIA
Más de 4.000 ourensanos, afectados por la huelga de médicos
TERMALISMO
O sector termal galego consolídase como un motor de desenvolvemento e turismo, grazas ao apoio continuado da Xunta de Galicia. Subliñar a importancia estratéxica do termalismo na dinamización da economía local e a atracción de visitantes. Con este obxectivo, a Consellería de Economía e Industria ten en marcha unha nova convocatoria de subvencións para o ano 2025, co obxectivo de continuar apoiando aos concellos na modernización e mellora dos seus espazos termais de uso lúdico. O programa busca potenciar o atractivo destas instalacións e consolidar a Galicia como un referente nacional e internacional no turismo de saúde e benestar. Trátase da terceira edición da convocatoria, que abriu o pasado día 11 de setembro con carácter plurianual (2025 e 2026) e conta cun orzamento de 750.000 euros.
Un dos aspectos máis relevantes desta nova convocatoria é o seu réxime de concorrencia non competitiva. Isto implica que as solicitudes das entidades locais serán avaliadas e concedidas por estrita orde de presentación, sempre que cumpran con todos os requisitos técnicos e administrativos establecidos. Deste xeito, garántese a axilidade no proceso, pero á vez esíxese aos consistorios unha resposta rápida, xa que as axudas se outorgarán ata esgotar a totalidade do orzamento dispoñible.
O compromiso da Xunta co termalismo non é novo. De feito, Galicia foi pioneira en España coa aprobación da Lei de aproveitamento lúdico de augas termais no ano 2019. Esta normativa pioneira foi fundamental para impulsar un crecemento ordenado e seguro do sector, que experimentou unha notable proliferación de proxectos turísticos nos últimos anos e que agora se ve reforzado coas achegas económicas do Goberno galego. A combinación dun marco lexislativo sólido e un apoio financeiro directo e continuado consolida a posición de Galicia no novo mapa do turismo termal.
Así, o balneario de O Bañiño é un exemplo palpable dos froitos das políticas de apoio do Goberno galego. A instalación resultou beneficiaria das convocatorias de axudas da Consellería de Economía e Industria correspondentes aos anos 2022 e 2023, que permitiron executar proxectos de mellora por un importe duns 300.000 euros, dos cales o 80% foi financiado a través das subvencións.
Grazas ás axudas da convocatoria 2023-2024, esta tempada estival o espazo termal funcionou coas súas instalacións totalmente renovadas. O espazo resultou beneficiario das últimas convocatorias da Consellería de Economía e Industria destinadas a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade autónoma, con apoios que chegan ao 80% do importe das actuacións.
Neste caso concreto, as achegas do Goberno galego permitiron proceder á instalación de drenaxes, peche perimetral e accesos, rampla de acceso adaptada, aseos adaptados, mellora dos vestiarios e instalacións auxiliares, mellora das zonas verdes, instalación de varandas e duchas e acondicionamento dos vasos, equipos de medida do PH, temperatura e turbidez da auga, así como para a dotación de mobiliario urbano, acometida eléctrica e alumeado exterior, acometida de auga e de saneamento e acondicionamento do aparcamento. Posteriormente, executouse o proxecto de humanización e mellora deste espazo coa construción de muros de cachote de granito, o axardinamento exterior do recinto e a plantación de céspede, rampla para persoas con discapacidade e mellora das instalacións de aseos e vestiarios para adaptalos á normativa de accesibilidade, instalación da sinaléctica e acondicionamento da contorna e saída das augas termais.
Outro exemplo de mellora dos espazos termais de uso lúdico é o de Teáns no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño, que alberga as termas ao aire libre máis grandes de toda a Comunidade autónoma e que foi perceptor das axudas do Goberno galego para levar a cabo actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora de instalacións termais. Neste marco, a Xunta acaba de poñer en marcha esta terceira edición dun programa de axudas ao que se destina unha partida de 750.000 euros e cuxo prazo de solicitude está aínda aberto. O obxectivo é ir, pouco a pouco, ofrecéndolle ós municipios a posibilidade de que vaian modernizando e mellorando as infraestruturas termais, así como fomentar a actividade termal mediante a realización de actuacións dirixidas ao acondicionamento deste tipo de instalacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HUELGA SANITARIA
Más de 4.000 ourensanos, afectados por la huelga de médicos
PLAN PROVINCIAL DE LECTURA
La campaña provincial de lectura deja 261.000 euros en las librerías de Ourense
INCENDIO
Arde una casa en Rairo, Ourense
Lo último