CONCELLEIROS DO FUTURO
Os pequenos de Cualedro toman a palabra no seu primeiro pleno
DEVOCIÓN
A aldea Lucenza, no concello de Cualedro, xa o ten todo listo para celebrar o vindeiro luns, 31 de agosto a súa tradicional festa na honra a San Ramón, santo patrón das mulleres embarazadas e dos nenos en xeral. O santo conta con gran raigame na localidade, e cada ano por esta data achéganse ata a parroquia moitos visitantes e devotos para pedirlle fecundidade.
A xornada festiva arrancará ás 12,00 horas coa misa solemne e a posterior procesión polas rúas da aldea, acompañadas pola música da charanga Los Támega. Trala cerimonia relixiosa, veciños e visitantes poderán desfrutar dunha animada sesión vermú para compartir os primeiros momentos de reencontro veciñal.
Xa pola tarde, a partir das 19,30, o ambiente trasladarase a detrás do local social, onde Los Támega porá o ritmo e a animación nunha festa que promete facer bailar a tódolos asistentes ata ben entrada a noite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONCELLEIROS DO FUTURO
Os pequenos de Cualedro toman a palabra no seu primeiro pleno
OBRAS DE MODERNIZACIÓN
A Penela, corazón de Lucenza, se renueva de forma integral