Homenaxe á poesía popular oral
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Un ano máis, a rede comercial da compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski súmase aos festexos polo Día das Letras Galegas,
Nesta ocasión coas cantareiras e a poesía popular oral como protagonistas nas súas tendas. Cento cincuenta dos seus establecementos hipermercados Eroski, supermercados Eroski Center e Autoservicios Familia de Galicia lucirán carteis conmemorativos deseñados polos alumnos do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro de Cerceda e entregarán bolsas de compra de edición especial, dispoñibles ao longo de todo o mes de maio.
Un ano máis, desde Vegalsa-Eroski celebramos o Día das Letras Galegas nos nosos establecementos xunto aos nosos clientes, poñendo sempre no foco a importancia de impulsar a nosa cultura e a nosa lingua, tal e como fixeron as cantareiras ao longo da historia
O supermercado Eroski Center de Xuxán, na Coruña, acolleu este venres unha pegada de carteis coa que a compañía presentou a súa tradicional campaña das Letras Galegas, froito do seu compromiso coa identidade galega, da man da Xunta de Galicia. O evento, que acolleu unha actuación musical en homenaxe ás cantareiras a cargo da Agrupación Folclórica Aturuxo, contou coa participación do secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García; o director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González; e a xefa de tenda, Ana Belén Fernández, acompañados por outros representantes da compañía.
“Un ano máis, desde Vegalsa-Eroski celebramos o Día das Letras Galegas nos nosos establecementos xunto aos nosos clientes, poñendo sempre no foco a importancia de impulsar a nosa cultura e a nosa lingua, tal e como fixeron as cantareiras ao longo da historia”, remarcou a directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González.
Como novidade, a compañía repartiu imáns e marcapáxinas coa imaxe da campaña de Vegalsa-Eroski para as Letras Galegas
Nesta ocasión, como novidade, a compañía repartiu durante as xornadas de xoves e venres imáns e marcapáxinas coa imaxe da campaña de Vegalsa-Eroski para as Letras Galegas nas súas tendas hipermercados Eroski, supermercados Eroski Center e Autoservicios Familia de Galicia.
Esta ilustración especial fai homenaxe á figura das cantareiras, representadas a través de elementos que reflicten os seus atributos e instrumentos máis emblemáticos, como a pandeireta ou a voz. Ademais, os marcapáxinas recollen coplas da Muiñeira II das Cantareiras de Mens, grupo que personifica ás cantareiras nesta celebración. Esta semana, a compañía tamén deu a coñecer aos gañadores do sorteo de tres lotes de produtos galegos, levado a cabo a través das súas redes sociais con motivo desta celebración.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago