INTEGRAMENTE FEMINISTA
Tanxugueiras celebra una década de actividad con su cuarto disco "O Cuarto"
CULTURA
A novelista ourensá Olaia Sendón (1978), afincada arestora na Coruña, alzouse o pasado sábado co II Certame Literario Jaime Olmedo grazas á súa novela infantil “Alén e o dragón”. O premio conta cunha dotación económica de 3.000 euros e a publicación de 1.500 exemplares da man de Antela Editorial. A novela conquistou o xurado polo seu dinamismo, personaxes ben traballados e referencias á cultura popular.
Pregunta. Como recibe vostede un premio desta importancia?
Respuesta. É un libro que escribín a catro mans -ou máis ben a tres cabezas- cos meus dous pequenos. Construímolo xuntos, e foi moi guai porque, cando me chamaron para dicirme que gañaramos, os nenos estaban no coche e os berros foron estratosféricos.
P. Cal é a trama de “Alén e o dragón”?
R. Trátase dun neno que, de súpeto, coincidindo con ese cambio que acontece arredor dos dez anos, comeza a experimentar cambios no seu corpo. Chegan tamén uns soños misteriosos nos que sente a presenza dunha criatura. Arredor desta historia desenvólvense outras aventuras: unha señora misteriosa cun rabaño de galiñas intelixentísimas, un moucho mensaxeiro... en fin, varias subtramas unidas ao fío central.
P. Como foi o preceso de escrita?
R. O proceso de escrita, foi algo moi bonito e divertido. Íamos camiño do cole, na ida ou na volta, e eu íalles contando a historia de Alén. Lembro que lles preguntaba: “Que queredes que pase neste capítulo?”. E a partir de aí escribía. En calquera caso, eles foron o termómetro da miña inspiración e quen, ao cabo, decidiron moitos dos puntos de xiro da historia.
P. Que papel xogan os hábitos de lectura na era das pantallas?
R. O que a min me preocupa de verdade é que, na aprendizaxe vital dos nenos, se lles interpoña a tableta e que anden de aquí para alá con aplicacións; iso si que me dá un medo, pero un medo atroz, porque coido que iso atrofia parte da graza do ser humano. Por iso teñen que ler moitos libros de boa literatura infantil; penso que aí pode estar a chave de todo.
P. Que voces literarias sente que influíron no seu traballo creativo?
R. Alén dos clásicos que me marcaron e me foron conformando como persoa, non me sinto capaz de desligarme de Roald Dahl, por exemplo. Logo, teño que citar a un autor de literatura infantil: Antonio Manuel Fraga. Para o meu gusto, el é un gran referente e, ademais, é amigo, o cal resulta fenomenal. Como el me le os textos e me di que está ben e que está mal, pois acaba sendo a influencia máis grande que teño.
P. Novos proxectos de escrita ou publicación?
R. Cos nenos seguimos a argallar historias. Estou a escribir outra obra para un público máis adulto. Teño unha máis que anda a percorrer diversos certames, agardando a ver se a sorte acompaña. Si, o certo é que hai moito material gardado no caixón. Agora, por exemplo, verá a luz con Xerais un libro en marzo e coido que outro con Galaxia. É un labor do que agroman, amodo, formas dun mesmo devezo creativo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTEGRAMENTE FEMINISTA
Tanxugueiras celebra una década de actividad con su cuarto disco "O Cuarto"
Las palabras cuentan
¿Qué es realmente ser feminazi?
¡BUONE VISIONI!
“El agente secreto”, unha odisea da memoria
Lo último
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
El Ibex sube un 3,05% hasta rozar los 17.500 puntos, con el crudo al filo de los 90 dólares
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 11 de marzo
DELITOS DE ODIO
La pornografía o el ciberacoso, riesgos digitales para el menor
ENERGÍA Y TRANSPORTE
Alerta en sectores clave de la economía gallega a causa de la guerra