Podcast 'Ciencia de Ida e Volta' | Escolma de Termos Científicos II: "O galego é tan universal coma outras linguas"
O IDIOMA
A Universidade de Vigo lanza a segunda edición da Escolma de Termos Científicos en galego. O glosario, que recolle vocabulario de informática, xestión pública e bioloxía mariña, xa está dispoñible en bibliotecas e en liña, grazas ao financiamento da FECYT
A Universidade de Vigo presenta a segunda edición da Escolma de Termos Científicos en galego, un proxecto de divulgación que ten como obxectivo difundir e normalizar o uso da terminoloxía científica na nosa lingua. A escolma foi elaborada, entre outros, por tres investigadores da UVigo: Alma Gómez, Xosé M.ª Mahou e Estefanía Paredes, quenes participan no podcast Ciencia de Ida e Volta, onde explican os detalles do proxecto.
Mentres que a primeira edición recolleu termos de áreas como o dereito, o medio ambiente e a micoloxía, nesta segunda entrega os termos provén do mundo da informática, a xestión pública e a bioloxía mariña. Este glosario xa se pode consultar nas bibliotecas da Universidade de Vigo e tamén de forma online, facilitando o acceso a estudantes, docentes e profesionais.
O proxecto forma parte das actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) e conta co financiamento da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Os autores destacan que a escolma non só serve como ferramenta académica, senón tamén como unha contribución á normalización do galego en ámbitos científicos e técnicos.
Esta nova edición pretende afianzar o vocabulario científico en galego e adaptarse ás necesidades actuais, incorporando termos que son fundamentais no contexto da tecnoloxía, a xestión pública e a investigación mariña, sectores cada vez máis relevantes na Galicia do século XXI.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Alguna vez fuimos como ellos
175 AÑOS DE SU NACIMIENTO
Académicos, traseros y feminismo: por qué la RAE rechazó hasta tres veces a Emilia Pardo Bazán
CULTURA OURENSANA
O Premio Ourensanía 2026, para De Ruada e Marita Souto
Lo último