Podcast UVigo | Xornadas de Portas Abertas do Centro de Investigación Mariña
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O CIM da Universidade de Vigo celebra un ano máis unha feira con xogos interactivos, visitas guiadas e un paseo en barco pola ría os días 8 e 9 de novembro
Un ano máis, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) convida á cidadanía a coñecer de preto a ciencia mariña que se desenvolve nos seus laboratorios a través das Xornadas de Portas Abertas que teñen lugar 8 e 9 de novembro na zona de A Laxe de Vigo. O seu director, Daniel Rey, explica en que consisten.
O obxectivo desta iniciativa é achegar o traballo do persoal investigador a persoas de todas as idades dun xeito lúdico, creativo e de acceso libre. Co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o CIM deseñou un programa que inclúe unha feira científica no centro comercial A Laxe, visitas guiadas ao observatorio Nautilus, un xogo interactivo e un escape room virtual o venres e un paseo en barco e visita á Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat) o sábado.
Con estas Xornadas de Portas Abertas, o CIM reforza o seu compromiso coa divulgación científica e a educación ambiental, promovendo o coñecemento e a concienciación sobre a importancia dos océanos e a sustentabilidade. Ao dar visibilidade ao traballo que realiza o seu persoal investigador, o CIM espera tamén inspirar ás novas xeracións e crear futuras vocacións científicas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Nuestra propia experiencia en accidentes ferroviarios
EPICENTRO TECNOLÓGICO
El DevFest lleva a debate el futuro de la tecnología