Portobello

¡BUONE VISIONI!

Portobello
Portobello

Fora de Italia, poucos coñecen o ‘caso Tortora’. Enzo Tortora foi un dos pais fundadores da televisión italiana. Presentou o Festival de San Remo a finais dos anos cincuenta, conduciu programas xeitosos como La domenica sportiva ou Juegos sin fronteras ata chegar a Portobello, emitido entre os anos setenta e oitenta e que chegou a ter un récord de audiencia semanal de 19 millóns de espectadores.

Pero Tortora pasou á historia non tanto por ser un celebre presentador de televisión, máis ben por converterse nun caso da mala xustiza, o máis escandaloso da historia de Italia. En 1983, na cima máis alta da súa carreira profesional, foi acusado por algúns colaboradores da xustiza de formar parte da Camorra. Inculpouse de traficar con drogas por man de Raffaele Cutolo – o boss que inspirou Il camorrista (1986) de Tornatore - e foi arrestado o 17 de xuño de 1983. O feito de ser encarcerado sen probas sólidas, deu comezo a súa loita para obter unha xusta absolución...

O ‘caso Tortora’ chega agora á plataforma de HBO Max, ficcionado polo mestre do cinema italiano Marco Bellocchio nunha miniserie de 6 capítulos. Bellocchio, que nos últimos seus traballos insistiu en desenmascarar as inxustizas cometidas polo estado ou a igrexa, volve así ao formato serial e despois do éxito de Exterior noche. Portobello pon os focos sobre un dos períodos históricos que máis obsesionan ao cineasta, os anos que van desde finais dos anos setenta á primeira metade dos oitenta: “Son momentos da miña vida onde se mesturan o persoal, o político e los descubrimentos que marcaron a miña imaxinación”, adoita contar nas entrevistas.

Os seis capítulos de Portobello retratan con fidelidade e rigor tanto a vida íntima de Tortora como a inxustiza e o linchamento mediático que acompañou o seu arresto. Maxistrados, xornalistas – incluída a mesma RAI - e o público que o seguía e eloxiábao, convértese de súpeto nunha soa voz demoledora, xulgándoo e condenándoo sen reservas. Bellocchio describe con intensidade emocional este cambio de actitude dos italianos. Informantes da Camorra con trastornos psiquiátricos, fiscais convencidos que o celebre presentador fora capaz de traficar con kilos de cocaína, artistas frustrados na procura de notoriedade, xornalistas sensacionalistas que só queren o ‘mostro da sbattere in prima pagina’... forman parte deste universo kafkiano onde nada é como parece.

O drama xudicial, moi ben construído, crea o definitivo enganche emotivo co espectador a través da indignación que xera o contesto e as figuras institucionais que forman parte deste universo.

Neste Via Crucis laico, Fabrizio Gifuni encarna a Tortora, consolidando a súa colaboración co cineasta, e despois de interpretar a outro mártir histórico da política italiana, Aldo Moro. Outra vez, Marco Bellocchio demostra que hai poucos directores como el capaces de contar con sensibilidade e rigor a crónica italiana recente e convertela de interese universal.

(Re)corten

Aula CREA

O sábado pasado, no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Compostela celebrouse a primeira Aula CREA do 2026. Un curso intensivo de seis horas co director de fotografía de ‘Sirat’ Mauro Herce. Partindo da idea do camiño —ou “sirât”, entendido como unha travesía de decisións creativas—, analizouse como director e director de fotografía constrúen xuntos a linguaxe visual dun proxecto. O evento foi promovido pola Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA).

En cartelera - La nueva entrega de Super Mario abre los cines en abril

La cartelera de abril se adelanta al miércoles 1 por la Semana Santa con varios estrenos destacados pensados para distintos públicos. Entre ellos figura “Super Mario Galaxy. La película”, que llega tras arrasar en taquilla a nivel mundial, junto a la secuela de “Noche de bodas”, la comedia española “Laponia” y “Calle Málaga”, protagonizada por Carmen Maura. “Super Mario Galaxy. La película”, basada en el popular videojuego de Nintendo, ofrece una nueva aventura animada con un reparto de voces muy conocido y un fuerte respaldo del público internacional.

La secuela de “Noche de bodas” continúa la historia de Grace, que debe enfrentarse de nuevo a la familia Le Domas y a un consejo satánico que busca reorganizarse tras los hechos anteriores.

Por su parte, “Laponia” adapta la obra teatral del mismo nombre y narra el viaje de una familia española al norte de Europa, donde un conflicto sobre Papá Noel provoca tensiones familiares y culturales con tono de comedia. Por último, “Calle Málaga” cuenta la historia de una mujer mayor que lucha por permanecer en su hogar en Tánger, mientras redescubre el amor frente a los planes de su hija de vender la vivienda y cambiar su vida.

Contenido patrocinado

stats