Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
¡BUONE VISIONI!
Filla de artistas, Maggie Gyllenhaal ten un longo recorrido como actriz de cine, teatro e televisión. No 2021, debutou detrás da cámara con La hija oscura, un filme que reflexionaba con honestidade e sen tabús sobre a maternidade. A través dunha estética realista, case documental - pero sen renunciar á unha poética exploración interior - a película seduciu a crítica no Festival de Venecia e obtivo tres nominacións aos Premios Óscar. Un discreto éxito que permitiu a Gyllenhaal de enfrontar o seu segundo proxecto cun orzamento bastante máis alto (80 millóns de dólares).
Con ¡La novia! Gyllenhaal decidiu cambiar completamente de rexistro. A directora aborda o xénero de terror, a partir da película La novia de Frankenstein (1935) de James Whale e a novela de Mary Shelley. O filme non é un verdadeiro remake do filme de Whale, máis ben unha revisitación libre e posmoderna, en clave feminista, da historia orixinal. Na versión de Whale a prometida da Criatura, interpretada por Elsa Lanchester, aparecía en pantalla menos de 5 minutos e tiña unhas liñas de diálogo que eran esencialmente gritos. Aquí, o seu personaxe, interpretado por Jessie Buckley, é o protagonista absoluto da historia.
Na dirección de fotografía atopamos a Lawrence Sher, o mesmo do díptico sobre Joker dirixido por Todd Phillips, que confire ao filme a mesma estética saturada e barroca – sobre todo nas partes musicais - presentes sobre todo en Folie à Deux. En xeral, Gyllenhaal tiña claro que quería a reconstrución dunha Chicago e Nova York dos anos 30 e cun filtro punk engadido. Ao mesmo tempo, o filme fai unha crítica rabiosa ao cine patriarcal do pasado. É como se Bonny y Clyde (1967), Metropolis (1927), Corazón Salvaje (1990), a filmografía de Ginger y Fred e as dos ‘mad doctors’, pasasen por unha trituradora e logo por un centrifugado para recompoñerse finalmente nunha soa obra.
As interpretacións conseguen dar veracidade a unha proposta narrativa e visual explosiva, que probablemente houbese sido desastrosa sen esas boas actuacións
¡La novia! é unha película salvaxe, fantasiosa, grotesca que xoga cos clichés do cinema de terror e co noir. Se ten algo en común co anterior filme de Gyllenhaal é por levar á pantalla, unha vez máis, personaxes ‘monstruosos’, que non encaixan coa normativa da sociedade. A parella de ¡La novia!, ademais do seu aspecto terrible, comete actos violentos ao igual que é capaz de xestos bondadosos e de transmitir amor. Neste sentido o filme é unha reflexión, como o anterior, sobre o lado monstruoso que existe en nos, sobre o lado escuro das relacións humanas.
As interpretacións de Jessie Buckley, Christian Bale, Peter Sarsgaard, Penelope Cruz e Annette Beninga, conseguen dar veracidade a unha proposta narrativa e visual explosiva, que probablemente houbese sido desastrosa sen esas boas actuacións.
Quizais a mensaxe feminista faise reiterada ao longo da película perdendo a forza inicial. Pero ¡La novia! é unha película excesiva, ao igual nisto. Gyllenhaal prefire a suma e a desmesura á subtracción e ao minimalismo.
¡La novia! non é un filme para todo tipo de público. Hai quen lle aparecerá unha película groseira, desordenada e disparatada mentres que outros disfrutarán moito da súa proposta, das súas extravagancias e da súa mensaxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas