FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
O CD Arenteiro afronta unha tempada histórica na Primeira RFEF despois de conseguir un ascenso que nin os máis optimistas de O Carballiño esperaban.
O ano pasado encamiñaba a súa segunda tempada na Segunda RFEF co obxectivo de asentarse na categoría, pero nadie esperaba o que iba acontecer. A tempada arrancaba con dous empates contra o Coruxo e o Bergantiños. O que pasou despois, nadie podía imaxinalo, despois de ese partido iba vir unha racha de victorias de 7 victorias e un empate.
A ilusión comezábase a despedrender en O Carballiño, e da man de xogadores coma o capitán Álex Fernández, o goleador Escobar, o defensa Joseca e o gardameta Diego García, foron pezas chave para conseguir un histórico ascenso. A única derrota que tivo o CD Arenteiro ata o día que logrou o ascenso, foi contra o Compostela. Ese foi o último partido que dirixiu Fran Justo, que se marcharía o CD Lugo.
Chegaría Javi Rey, que viña dun Barco en problemas na Terceira RFEF. Javi conseguiría seguir coa boa dinámica que deixara Fran e curiosamente tomaríase a venganza contra o Compostela no Estadio Vero Boquete, nun dos mellores partidos da súa tempada.
O Arenteiro foi líder case todas as xornadas de liga e conseguiría o ascenso na xornada 30 curiosamente en Ourense no estadio de O Couto contra o Ourense CF. Unha tempada histórica para un equipo histórico que estará na Primeira RFEF, a terceira categoría do fútbol español. Unha categoría na que non militaba o equipo de O Carballiño dende o ano 1989.
Ademáis de facer unha excelente campaña na liga, o Arenteiro mostrouse intratable na Copa Federación que conseguiría a victoria contra a UD Alzira e con este triunfo obtería un pase a Copa do Rei contra un Primeira División: a UD Almería. Conseguiuse unha machada histórica ao imporse por 2-0. O seguinte rival sería o Atlético de Madrid, onde comezarían gañando 1-0 pero acabaría remontando o Atlético de Madrid por 1-3 nun partido cheo de polémica.
O CD Arenteiro remataría a tempada en Segunda RFEF con 73 puntos en 34 xornadas, con 21 victorias, 10 empates e únicamente 3 derrotas. 44 goles a favor e soamente 19 en contra.
Un merecidísimo ascenso que terá como premio xogar esta tempada nunha liga profesional contra equipos históricos como o RC Deportivo, CD Lugo, SD Ponferradina, Club Gimnàstic de Tarragona, SD Logroñés e filiais importantes de equipos de Primeira División como o FC Barcelona B, RC Celta B, Real Sociedad B e Osasuna B.
Vai ser unha campaña moi complicada na que o Arenteiro querrá conseguir a salvación coa chegada de fichaxespara suplir as baixas significativas que tiveron ao longo do verán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
NEGOCIACIÓN DE 2027
Trabajo descarta una subida extraordinaria del SMI este año
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla