BAILE DE BANQUILLOS
Año nuevo, técnico nuevo en Primera Futgal: Polígono, Monterrei y Allariz
crónica do asfalto
A pregunta non sempre debería ser en canto tempo fixeches a San Martiño. Por que a corres? Para que? Por que insistir en volver un ano e outro tamén con sol ou chuvia e vento? Co doado que é quedar na cama ao quente, almorzar sen présa uns churros onda o pavillón dos Remedios e ver unha nova vitoria de Alejandro Fernández e a primeira de Joselyn Brea.
Cando me quero dar conta faltan só faltan cinco minutos para a saída. Non sei se serei quen de rematala. Por hache ou por be, imprevistos e boas novas, non puiden de preparala adecuadamente. Xogarei as miñas cartas: a experiencia doutros anos e a caña que nos meteu este meses o noso monitor do pavillón. Todo o que sexa chegar antes de hora e cuarto será un éxito para min.
Deixou de chover e estou rodeada de parellas ou grupos de corredoras. Soa AC/DC e soño con correla facéndolle de lebre á miña xemelga, porque iso significará que por fin volveu de Algeciras. A xente está animada, todos erguemos os brazos cara o ceo. Un disparo seco contra as nubes e trinta segundos despois a correr. O primeiro quilómetro é dos peores, a costa de Xesús Pousa a min sempre me fai dubidar. Non desfondarse e non abusar da baixada das Caldas. A ponte recíbenos cos brazos abertos e a marea de corredores aínda é compacta.
Xa entrei en calor para a falsa planicie de Progreso. Aquí empeza o interesante. A San Martiño vaite baleirando coa sutileza dun bo condutor; non sentes os cambios de marcha ou as freadas ao estares pendente do cronómetro. Cae o quilómetro 3 en Doutor Fleming. Quizais debería ir máis devagar. Ao fondo da avenida de Portugal vánseme as pernas e sinto un leve tirón no soleo da esquerda. Pasamos o quilómetro 4 e as dúas mozas do Taboadela empezan a meterme metros. Os ocos son importantes. Parou de chover, pero o chan está tan mollado e cheo de fochancas que semella que imos facendo cros.
Xa queda media carreira, mais ata entrar no casco vello a meta seguirá parecendo inalcanzable. Hai quen sucumbe e vai camiñando. A tentación fai acto de presencia por Bonhome. Para, déixao. Aperto rabiosa pasando diante do Otero, case podo verme entrando en xullo á lectura do exame da oposición. Os dous mortos nos que se converteron os meus xemelgos vanme arrastrando ao entrar no Paseo. A xente anima mentres me vou quedando sen gasolina. Cae o quilómetro sete, miro o reloxo que marca 51 minutos. A partir de aquí só me queda aguantar, xa que me van ir adiantando, sen piedade, os que cheguen con pernas frescas.
E resisto, tiro de peito e pulmóns para contrarrestar as pernas. O percorrido da algo de tregua á altura da Escola de Idiomas. Alguén berra que só queda un quilómetro e trescentos metros na glorieta da policía nacional. Pásanme unhas cantas mulleres de mediana idade, déixome contaxiar a súa alegría. Só queda un quilómetro. Agora animan cun megáfono na dolorosa costa de Vicente Risco. Sorrío porque a miña épica tamén ri. Non está ao que ten que estar. Resígnome, este ano non vai haber esprinte final. Cruzo a ponte mentres unha corredora veterana lle aconsella a outra que se deixe levar. Pero o corazón pode máis que as pernas, dono e señor deste pequeno corpo, e meto quinta como se me fose a vida. Escoito a Andrés berrar o meu nome como se me lese o pensamento. O cronómetro marca unha hora e oito minutos na meta. Volvo sorrir, mañá tocarame disimular as maniotas diante dos meus novos alumnos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BAILE DE BANQUILLOS
Año nuevo, técnico nuevo en Primera Futgal: Polígono, Monterrei y Allariz
FÚTBOL SALA FEMENINO
Carlos Navarro, entrenador del Ontime: “Estamos en el buen camino”
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 30 de diciembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 30 de diciembre
Escrituras
¿Cómo pedir la nota simple de una vivienda?