TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)
DEPORTE
O Concello de Cualedro ten todo preparado para celebrar o próximo domingo a oitava edición da "Ruta dos Castros", unha andaina pola historia do municipio través dos lugares máis emblemáticos da zona. A presentación desta actividade tivo lugar onte no Pazo Provincial, nun acto no que estiveron presentes o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Cualedro, Luciano Ribero; A presidenta da Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, Amaya Álvarez, e o colaborador da andaina Eduardo Castro.
Este evento discorre polos los lugares máis emblemáticos do patrimonio histórico e cultural de Cualedro, como o cruceiro de Lucenza, a capela de Santa Marta, a mámoa do Madorriño, o castro de Saceda, a Fonte da Ola ou o castro de San Millán, resaltando e divulgando a historia de Cualedro a través dun evento "que aúna deporte, saúde e cultura", segundo sinalou Rosendo Fernández.
A ruta comezará ás 09,00 horas na Lucenza e rematará en San Millán-escola, logo de percorrer 16 quilómetros "de camiños de terra, fundamentalmente, que converten a esta andaina nun paseo familiar de baixa dificultade", dixo Amaia Álvarez. Pola súa parte, o alcalde indicou que a ruta pretende dar a coñecer os recursos turísticos de Cualedro. A participación é gratuíta e os interesados poden apuntarse ata o mesmo día da proba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos