Gonzalo Fernández: “Ascender a Pena Trevinca éncheme como un oitomil”

ALPINISTA Y HIMALAYISTA

El aventurero Gonzalo Fernández, natural de Albarellos y afincado desde la infancia en Andorra, hablará de su experiencia en las cimas

Gonzalo Fernández, este verano, en la expedición al Pico Lenin, en Kirguistán.
Gonzalo Fernández, este verano, en la expedición al Pico Lenin, en Kirguistán. | CEDIDA

Fiel reflejo del espíritu aventurero, Gonzalo Fernández (Albarellos, 1992) ya tiene unas cuantas aventuras para contar. Este ourensano emigrado a Andorra cuando tenía seis años, mucho antes que la moda de los “youtubers”, descubrió la montaña para no dejarla jamás. Ha coronado ochomiles sin oxígeno extra ni sherpas, ha bajado esquiando, ha sufrido y ha celebrado. Un bagaje que contará en el Foro La Región del próximo jueves llamado “Manaslu, luces e sombras no corazón do Himalaia” que tendrá lugar en el Marcos Valcárcel.

Pregunta. Que se vai a atopar o asistente á charla?

Respuesta. Empezarei coa proxección dun vídeo sobre unha expedición ao Manaslu, unha montaña de 8.163 metros, que intentei baixar dende a súa cima esquiando. E este vídeo mostrara que nas expedicións, como en todo na vida, as cousas non saen sempre como un quere. E esta, en concreto, non saiu ben. Houbo avalanchas, faleceron varias persoas... Eo final non fixen cima, pero baixei esquiando dende máis de 7.000 metros. E despois do vídeo, faremos unha charla deixándome guiar polas preguntas que teña a xente.

P. Non foi esta a súa única experiencia por riba dos 8.000 metros, non?

R. Levo catro expedicións a montañas de máis de 8.000 metros. Hai certa altura que, por falta de aclimatación, pode chegar unha especie de mal de altura e verte realmente mal. E pode aparecer a 8.100 ou a 7.000, depende da expedición e as súas circunstacias. É verdade que nun oitomil sabes que o teu corpo non rexenera. Ocansancio que levas so pode ir a peor. O teu tempo é limitado por riba dos 7.500 metros. E por iso, mentalmente, tes que ser duro de cabeza.

P. De todas as imaxes que ten na retina, con cal queda?

R. Por boas o por malas teño unhas cantas. Pero imos ser optimistas e quedar coa positiva. Diría facer cima no meu primero oitomil, o Gasherbrum II. Polo feito en sí e porque para min fora moi complicado formar parte da expedición. A diferencia dos outros membros do equipo, non tiña os medios económicos para pagar a expedición. Tiven que vender a furgoneta, pedir un préstamo ao banco.. Incluso a miña familia, o meu entorno, non comprendía que fose xogarme a vida e aínda por riba endeudarme.

P. E o seu futuro na montaña, como se presenta?

R. Na miña vida, máis que poñer nomes, o que quero é facer montaña. É o que me enche nesta vida. Obviamente, con 70 anos non farei o que fago agora. Pero a min, a nivel sentimental, éncheme igual subir Pena Trevinca que facer un oitomil. A nivel montañas altas, teño unha lista mental das que gustaría subir antes de morrer, e o Everest precisamente non está. Non polo reto deportivo, pero polo que simboliza a día de hoxe. Colleu unha tendencia que, os que amamos a montaña, rexeitamos. Masificación, basura… Hai outras 13 montañas de máis de 8.000 metros.

Contenido patrocinado

stats