Entrimo nomea Tono Correa Corredoira como Arraiano Maior 2025
VIII XORNADAS ARRAIANAS
O Concello de Entrimo acolleu este venres o acto de distinción do pintor, gravador e escultor Tono Correa Corredoira (A Coruña, 1952) como Arraiano Maior
O nomeamento de Correa Corredoira, que sucede á cantante galega Uxía, foi un dos grandes momentos das VIII Xornadas Arraianas, organizadas polo Concello de Entrimo e Arraianos Producións.
O artista recoñeceu que este título é, ante todo, “unha sorpresa, un afago e unha honra”, e asegurou que sempre se ten sentido “un pintor de raíz, comprometido co meu territorio humano. Penso que se como creadores somos quen de achegar unha partícula minúscula ao mito colectivo, entón temos a misión cumprida”.
Sobre a súa estadía na Raia Seca, que visitou nos últimos anos para expor e acudir a actos culturais, Correa Corredoira afirma que “estou aquí coma un neno, atravesei Galicia soñando porque sabía que viña estar entre amigos. Os artistas pintamos, escribimos, facemos música para sentirnos amados, ese é o obxectivo da arte”.
O acto incluíu a homenaxe póstuma ao debuxante Xosé Vizoso e ao director de cine Plácido Romero, finados no último ano, e colaboradores e activistas culturais do colectivo, que foron nomeados Arraianos Universais.
Ademais, tamén se premiou como Colectivos Arraianos á Fundación Castelao, no seu ano, e á asociación de mulleres rurais de Entrimo.
Presentacións e música
Este venres tamén se inaugurou a exposición “Ramboia das Artes”, de Xulio Fontes, no museo Pura Santos, presentouse o libro-cd “Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos”, de Moisés Quintas e Victoria Pérez, e houbo concerto de Uxía e Luiz Caracol.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XLI XORNADAS DE FOLCLORE
El folclore se hizo con Entrimo y Castro Caldelas
COLECTIVO ARRAIANOS
Entrimo volverá ser punto de encontro da cultura da Raia
CARNE DE CACHENA
Entrimo celebra por todo lo alto la Festa de Exaltación da Empanada
Lo último