30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
FESTA DA PITA
O Entroido de As Eiroás completa xa a súa primeira semana coa celebración do Domingo Oleiro. Decenas de veciños do barrio, e amantes do entroido de todas as idades, celebraron esta data co lanzamento de múltiples olas, como marca a tradición.
A Festa da Pita é unha das celebracións máis arraigadas de Ourense e un dos entroidos máis duradeiros da cidade. Arrancou o pasado 1 de febreiro, co Domingo Fareleiro, no que ten lugar a recepción do Meco.
Tras celebrarse os obradoiros de pintado de olas, o venres no Centro Comercial Ponte Vella, destinados aos máis pequenos, e o sábado no local da asociación veciñal do barrio, onte foi a quenda de exhibir as olas máis artísticas e coloridas e lanzalas polos aires de As Eiroás.
A xornada festiva, que transcorreu na praza do barrio ourensán, contou coa animación musical da charanga Alambique, e puido celebrarse con normalidade, con decenas de asistentes, grazas a que o mal tempo amainou durante toda a xornada.
Agora toda a veciñanza de As Eiroás espera con ansia a “Voda da Pita”, o seguinte dos actos centrais do entroido deste núcleo, que se celebrará o próximo 17 de febreiro, coincidindo co Martes de Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
HELADAS GENERALIZADAS
Calvos de Randín repite como el punto más frío de Galicia
NUEVO MINISTRO DE TRANSPORTES
Las víctimas del Alvia piden reunirse con Cuerpo: "Si nos hubieran escuchado, se habría evitado el accidente de Urda"
"HACER CAJA CON LA INFLACIÓN"
Feijóo avisa a Sánchez de un "vuelco político" el 29N tras la derrota de Trump: "Que tome nota"