Eles son Paquita e Nicanor, voz do pobo de Seixalbo
DOMINGO OLEIRO
Este domingo arrancou un dos Entroidos máis antigos e reividincativos de Ourense, caracterizado especialmente polos seus mecos, que presiden esta festividade dende a Praza Maior da localidade
O Entroido de Seixalbo, un dos máis antigos e arraigados de Ourense arrancou onte acompañado pola parella máis popular do lugar, os mecos Paquita e Nicanor, patróns desta festa na localidade.
A celebración, que este ano ten temática circense, contou cun ambiente envexable, coas rúas de Seixalbo cheas de decenas de veciños festexando o comezo do Entroido da localidade, que arrancou coa búsqueda dos mecos á casa duns veciños, donde estiveron gardados dende o anterior Entroido.
Os mecos pasan todo o ano no domicilio dalgunha parella de veciños, rotando ano tras ano, ata que nesta data de Domingo Oleiro, o pobo vai en búsqueda deles.
Unha tradición que perdura e que se centraliza especialmente en parellas xóvenes. “Din que os mecos teñen poderes fecundativos, de forma que se hai un matrimonio novo pois terá fillos”, afirmou o presidente da Asociación de Vecinos de Seixalbo, Xosé Carballido, organizador deste Entroido
A continuación realizouse un pasarrúas ata chegar á Praza Maior de Seixalbo, donde se prolongou a festa. Alí os mecos subíronse ao balcón da praza, desde onde presidirán esta festividade ata o Martes de Entroido, cando se entregarán a unha nova familia.
A celebración de onte estendeuse na praza acompañada por música da charanga Tatoo, que fixo botar aos presentes os primeiros bailes do Entroido. A tarde culminou cunha chocolatada.
Historia centenaria
A historia destes mecos, os grandes protagonistas desta festividade, é centenaria e define a resistencia e reivincidación social da localidade, incluso en tempos de represión, xa que aínda que de maneira máis oculta o Entroido sempre se celebrou en Seixalbo e os mecos sempre se sacaron.
“Paquita e Nicanor representan a voz do pobo que non podía queixarse, a protesta facíana eles”
“Paquita e Nicanor o que representan é a voz do pobo que non podía queixarse, quen se queixaban eran eles. No Entroido facíanse unhas coplas nas que criticaban os poderes”, señalou Carballido, que destacou a antigüidade desta celebración, xa vixente no século XIX: “Temos referencias de prensa de fai máis de 150 anos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
CAMBIOS EN EL GOBIERNO BRITÁNICO
Burnham asume como primer ministro británico con la promesa de devolver la estabilidad al Reino Unido
SHAKIRA, DENOMINADOR COMÚN
16 años, dos Mundiales en La Región: un par de estrellas sobre el papel
REDUCIR LA BRECHA DE GÉNERO
La Xunta da un impulso a las mujeres emprendedoras