30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
Aínda non eran as 16:00 horas, pero diante do Concello castrelao concentrábanse máis dun centenar de persoas que agardaban por este novo Sábado Maragato, síntoma de que este Entroido recuperado vai gañando adeptos. O seu nome fai referencia a unha das figuras típicas da vila e un dos seus principais protagonistas, que estivo presente en todo momento.
A lectura do pregón correspondoulle ao enxeñeiro agrícola Pepe Paz, que nun discurso cheo de retranca definiu o Maragato como “integrador”, e aplaudiu o esforzo de Concello e moitas personas por revivir unha celebración “case esquecida das mentes das nosas xentes”. Ao remate deulle paso o “Rei Mariano, primeiro e imperecedeiro”, o actual Rei de Castrelo que cumpre tres anos de reinado.
A continuación tivo lugar un multitudinario desfile, encabezado pola Mascarada local, e coa presenza das Madamas de Vilar, do Entroido de Campos, de peliqueiros e cigarróns, do Entroido de Matamá, de Vellarróns do Riós, entre outros traxes da contorna e localidades veciñas, todos xuntos e orgullosos do seu patrimonio.
Amenizados polos Bombeiros de Vences e o folión de Vilariño de Conso, percorreron os bares de Castrelo ata a súa chegada ao Terrón, onde desfrutaron dun pincho colectivo e da orquestra El Tattoo, nun novo sábado para o recordo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?