XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Un numeroso grupo de pequenos castrexos tomou o venres á mañá o CEIP Vicente Risco de Cualedro, protagonistas do seu desfile tradicional. Profesorado e pais e nais acompañaron aos máis cativos, nun percorrido polos viais principais do núcleo principal.
Ademais dos zarramoncalleiros de tódalas idades que foron abrindo o desfile, tamén foi salientable a presenza do Castrón Meco, o personaxe singular da parroquia cualedresa de Rebordondo.
O encargado de levalo foi Primitivo, veciño do lugar quen, acompañado polo fillo, afirmou que “é a primeira vez que o Castrón sae por Cualedro”.
A troula continúa este sábado ás 12,00 coa saía dos zarramoncalleiros e da charanga de Bande, a estrea dos disfraces e un xantar popular.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
72 PELÍCULAS E 23 NACIONALIDADES
O OUFF baixa o pano tras dez días de cine na cidade de Ourense
Ricardo Tena
Al final sí que había fútbol