CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FACHÓNS E MECO
Tras recuperar o seu entroido hai máis dunha década, os chocalleiros volverán ser os protagonistas indiscutibles, lucindo as súas caretas e cores vivas, e portando a característica vara con farrapo para asustar, manchar e pedir un viño aos que non se disfracen.
A programación deste ano concentrarase en dúas xornadas clave, organizadas pola asociación e coa colaboración do Concello. O día grande será o vindeiro sábado, 14 de febreiro, cunha axenda que mestura o folclore local coa gastronomía. Os actos arrancarán ás 17,00 horas co desfile, que partirá dende o campo de fútbol. A comitiva estará encabezada polos chocalleiros e contará co acompañamento musical da banda de gaitas do Concello e o folión local O Can do San Roque, ademais de diversas comparsas e grupos de disfraces.
A festa continuará co baile a cargo do dúo Os Trasnos ás 19,30 horas e a lectura do testamento do burro. Para repoñer forzas, organizarase unha cea popular ás 20,30 horas a base de porco asado, caldo con taza incluída, bica, viño e auga, a un prezo de 10 euros.
A noite pecharase cun momento moi especial, xa que ás 22:00 sairán os fachóns e o Meco nun percorrido que irá dende O Toural ata a Praza do Cruceiro, rematando a xornada de novo coa música d’Os Trasnos.
Vilardevós despedirase do entroido o luns 16 cunha xornada dedicada á convivencia interxeracional. Ás 11,00 terá lugar un desfile no que participarán o centro residencial e o centro de día, as casas niño Lala e Garabatos, o CDR Portas Abertas e a asociación de mulleres rurais Entre Nós. Os participantes desfrutarán de chocolate e bica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
SESIÓN DE CONTROL AL GOBIERNO
Sánchez anuncia un decreto anticrisis para finales de junio
"DEBÍ TIRAR MÁS FOTOS"
Bad Bunny se despide de Madrid tras 10 conciertos a los que han ido 800.000 personas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Herida muy grave una conductora tras chocar frontalmente con un camión en Pontevedra