30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
HUMOR E TRADICIÓN FESTIVA
En pleno Martes de Entroido, a Voda da Pita volveu encher de humor e cor Eiroás. Veciños e veciñas congregáronse baixo a carpa instalada para a ocasión, que se transformou no escenario dunha cerimonia cargada de sátira e ledicia. Entre risas e bailes, as pitas aladas escoltaron aos noivos, mentres os asistentes gozaban de disfraces, música e todo o enxeño que caracteriza ao Entroido da zona.
Destacadas personalidades locais participaron na festa, recreando os antigos rifirrafes amorosos con bo humor e convertendo a xornada nunha experiencia inesquecible para grandes e pequenos.
O tempo acompañou, as sorrisas foron amplas e o espírito festivo de Eiroás volveu brillar, deixando imaxes que quedarán para o recordo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último