FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
MÁIS VIVO CA NUNCA
A Pobra de Trives volveu converterse este domingo no epicentro do Entroido tradicional coa celebración da vixésimo primeira edición do Desfile de Fulións, organizado pola asociación cultural Os Labregos. A cita reuniu a centos de veciños e visitantes que se achegaron á vila para vivir unha das concentracións de fulións máis numerosas da provincia, nunha xornada marcada polo son, a cor e a tradición, e na que a auga e a neve deu tregua e deixou que o Entroido fora o único protagonista.
O desfile deu comezo ás 15,30 horas desde a Finca da Barreira, con Os Labregos á cabeza, e percorreu as rúas de Trives ata a Praza do Concello. Ao longo do traxecto, o estrondo dos bombos e aixadas, os saltos dos boteiros e o baile das mázcaras encheron a vila de ritmo e ambiente festivo, deixando patente que o Entroido no oriente ourensán segue máis vivo ca nunca.
Na edición deste ano participaron grupos chegados de distintos puntos da comarca e da provincia, como o Folión de Fradelo, de Viana do Bolo; Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso; o Folión de Buxán, do Concello do Bolo; Carracedo da Serra, chegados desde A Gudiña; o Fulión de Manzaneda; Os Arrieiros de Petín; o Fulión da Veiga e o de Chandrexa de Queixa, ademais dos grupos locais A Caniceira, A Lardeira, O Fiadeiro e o máis antigo do concello, o Folión de Sobrado. En total, máis de 700 persoas tomaron parte nesta edición do desfile.
O evento volveu demostrar a capacidade de convocatoria dunha celebración organizada de maneira desinteresada por Os Labregos, coa colaboración do Concello da Pobra de Trives, e que ano tras ano medra en relevancia. Ao remate do desfile, a asociación ofreceu unha cea aos grupos participantes con produtos triveses. Na vila coinciden en sinalar esta xornada como o día grande do Entroido en Trives.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas