30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
A CHEGADA DO ENTROIDO
Os Troteiros de Bande percorreron este sábado as aldeas do concello para anunciar a chegada do Entroido, mantendo viva unha das tradicións máis simbólicas da comarca da Limia.
A saída tivo lugar dende a Casa do Concello. Comezaron cedo a súa ruta, coa primeira parada en A Ponte Cadós, para continuar por Rubiás e outros núcleos ata completar un percorrido por preto dunha trintena de aldeas.
A ruta estivo acompañada pola música tradicional do grupo Feitizo de Pau, que animou a parada en cada casa onde os troteiros repoñían folgos.
Vestidos de branco e cos seus característicos sombreiros de palla decorados con espellos e postais antigas, e a súa cara cuberta cos tapetes brancos, os Troteiros avanzaron trotando polas aldeas facendo soar as chocas que levan na cintura, anunciando así a chegada da festa e enchendo os lugares de ruído, cor e animación.
Ao longo da xornada, a interacción coa veciñanza foi constante, mostrando que a tradición está moi viva a pesares de que nas aldeas do rural cada ano hai menos casas abertas.
En cada aldea, os Troteiros foron recibidos por aqueles veciños que lles quixeron abrir as súas portas, con comida, doces típicos e bebida, nun ambiente de troula.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último