Primeira representación da Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional.
Primeira representación da Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería

Galería | A sátira volve soar nas airas: a Comparsa fai latexar ao pobo

RISAS E MÚSICA

A ronda, o brindis e a disputa chegan ata San Mamed para poñer de manifesto a autenticidade dunha tradición que caeu no esquecemento durante décadas pero volveu con gran forza

A Airiña do Hervella, en San Mamed, foi testemuña durante este sábado da primeira representación da Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional.

Tras unha ronda polas rúas da aldea, na que músicos e actores tiveron un especial protagonismo ao interactuar co público, chegou a quenda dos “brindis”. Durante os mesmos, o director da agrupación adicou, a través dos seus elaborados versos, diferentes pezas ás persoas asistentes.

Os bailes mesturáronse coas risas e a música, dando paso ao prato forte da xornada: a disputa. Unha actuación teatral en verso na que os distintos personaxes buscan facer rir ao público mediante a sátira, poñendo en escena cuestións relacionadas co acontecido ao longo da última anualidade.

As dificultades dos autónomos e das pequenas empresas, así como a redución das paradas na estación da Gudiña, foron algunhas das temáticas que saíron á palestra. Cun cartel que presidía a escena no que se podía ler “Estación Porta de Vigo”, reivindicouse unha situación que deixa o sur da provincia de Ourense practicamente abandonado.

A migración, os incendios forestais que arrasaron milleiros de hectáreas durante o pasado mes de agosto ou o voluntariado da xente moza enfrontándose ás chamas, foron outras das cuestións representadas.

Ademáis dos centos de veciños que non dubidaron en asistir, tamén estivo presente o Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, quen destacou que este municipio “mantén con orgullo tradicións que hoxe son un motor cultural, social e económico para a comarca”.

Actualidade, sátira e risadas. A Comparsa volveu demostrar a súa capacidade para converter o Entroido nun espazo de reflexión colectiva, no que a crítica social e o humor camiñan da man, mantendo viva unha tradición que segue a ser sinal de identidade e orgullo nas Terras do Bibei.

A agrupación volverá as airas durante o sábado da próxima semana, 14 de febreiro, nas aldeas de Quintela de Hedroso e Pinza, mentres, os fulións, a fariña e a troula serguirán a marcar o cilo festivo durante os próximos días.

WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.24.09 (1)
1/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.24.07
2/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.24.16
3/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.24.09
4/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
10681727
5/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
10681732
6/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.37.13
7/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.37.12 (1)
8/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.37.12
9/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería
WhatsApp Image 2026-02-07 at 11.24.17
10/10 A Comparsa Vianesa neste Entroido, recoñecido como Festa de Interese Turístico Nacional. | Cristina Clavería

Contenido patrocinado

También te puede interesar

Lo último

stats