30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
TRADICIÓN E SÁTIRA
A vila do Támega volveu amosar onte por que o seu Entroido é un sentimento único que se leva no ADN, capaz de reunir nas rúas a miles de veciños para desfrutar do primeiro gran desfile do ciclo, unha exhibición de cor e música. Os verinenses foron precavidos e tomaron posicións con tempo para non perder detalle. Non cabía un alfinete nas beirarrúas pero tampouco nos balcóns ao paso do desfile.
Un ano máis, centos de Cigarróns de tódalas idades foron os encargados de abrir paso e liderar o percorrido dende avenida de Castela. Trala solemnidade da figura protagonista e o son das súas chocas, desatouse a imaxinación.
O desfile foi novamente unha pasarela de enxeño onde as comparsas e carrozas luciron o traballo de meses, apostando non só pola estética, senón por esa fina ironía e retranca que caracteriza ao entroido verinense, no que non faltaron críticas políticas trala vaga de lumes forestais que arrasou a comarca o verán pasado.
O humor e a parodia da actualidade mesturáronse coa vistosidade dos traxes. No imaxinario verinense houbo un grupo de Panteras Rosas, coche incluído, un barco pirata e unha espectacular pandilla de Catrinas, acompañadas por dúas figuras de defuntos mexicanos xigantes. Foron moi comentados tamén os afiadores, un Groot moi auténtico e os Celtas Cortos, e non faltaron os Vellarróns do Riós.
A troula continúa en Verín hoxe co Entroido infantil. O pavillón acollerá obradoiros e actividades para os cativos de 17,00 a 20,00 horas. Ademais, na praza García Barbón volverá soar a música, nunha tarde marcada pola gran batalla da fariña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
DIEZ CONCELLOS OURENSANOS
La Xunta retirará miles de expedientes judiciales de los juzgados de Ourense: algunos datan de 1968