RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
O Concello de Maceda deu a coñecer os gañadores do desfile de carrozas e comparsas, que tivo lugar o Martes de Entroido, cunha alta participación por parte dos veciños da vila.
A saída do desfile de carrozas e comparsas tivo lugar na Praza das Canteiras e houbo tempo ao baile e verbena coa orquestra Fusión, na Praza das Toldas.
Os felos foron os protagonistas da tarde, unha vez máis, onde tamén puidéronse ver distintos disfraces variopintos e coloridos, feitos polos veciños da vila para o desfile de carrozas e comparsas.
O primer premio na categoría de carrozas foi para “Baixo o mar”. O segundo premio foi para “Parrandeiros mix” e o tercer premio foi para “Maceda Dakar”.
O primer premio na categoría de grupos de seis ou máis participantes foi para “Lorairo Park”. O segundo premio foi para “Reino de hielo” e o tercer premio para “Cámaras chismosas”.
O primer premio na categoría individual e de grupos de ata cinco participantes foi para “Manolo Escobar y sus chicas”. O segundo premio para “Alicia en el país de las maravillas” e o tercer premio foi para “Cine”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
HASTA 200 EUROS DE SANCIÓN
Lista | Cómo saber si mi baliza V16 está homologada y evitar ser multado
TRABAJADORA DE LA ZONA
Herida una mujer al ser atropellada en un paso de peatones frente al CHUO en Ourense