Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
PINGAS DE ORBALLO
Polas horas do mediodía do 8 de xaneiro de 1907 o sol aínda asomaba con pouca forza sobre o outeiro de Brandín, mais a suficiente para espertar con brillo as flores dos toxos. A xeada, caída con intensidade de madrugada, seguía sendo visible nas sombras das formacións orográficas. É posible que aquel día chovese e que as crónicas non o recollesen; con todo cabe supoñer unha xornada climatolóxica benigna, xa que nos primeiros días de xaneiro adoitan imperar máis as xeadas ca as chuvias.
O que si salientaron as crónicas, poucos días despois, foi o edicto do xuíz de instrución de Allariz, don Juan Cereijo Alonso, no que ordenaba a busca e captura de Domingo Antonio Fernández Rivas, de 32 anos de idade, fillo de Manuel e Benita, casado, labrego, natural e veciño de Brandín, concello de Baños de Molgas.
A causa era a comisión dun homicidio, concedéndoselle un prazo de dez días, contados desde a inserción da comunicación no Boletín Oficial da Provincia e na Gaceta de Madrid -antecesora do actual BOE, do Boletín Oficial do Estado-, para que se presentase nas dependencias xudiciais e procedese ó seu ingreso en prisión. De non facelo, sería declarado en rebeldía, co conseguinte agravamento da súa situación procesual.
Para facilitar a súa busca e captura -nun tempo no que a fotografía aínda non era habitual-, a descrición física do procesado, de Domingo Antonio, resultaba minuciosa: estatura regular, pelo e ollos negros, barba rubia e afeitada, fronte ancha, nariz e boca grandes, bo color. Vestía chaqueta e chaleco de pano negros, pantalón de pana cor cinsa, camisa de flanela, sombreiro negro e borceguíns de becerro da mesma cor, e empregaba unha manta a cadros de cor café. Mellor ca unha fotografía!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
NUEVO FICHAJE
Xabi Oroz, un base de garantías para el COB
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense