RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
A damiña branca da Seara, acompañada polo bimbieiro, volverán a desfilar este Domingo de Entroido. O empeño e adicación dun grupo de mulleres permitiu recuperar o traxe tradicional deste pobo de Cartelle que, dende os anos 60-70 do século pasado, perdeuse entre os recordos da veciñanza. “É algo que fai moitos anos que viñamos falando, pero que non foi ata o ano pasado que nos puxemos máis en serio”, lembra Cristina Rodríguez, tras a máscara da damiña branca que onte viu por primeira vez o sol nunha privilexiada presentación para La Región.
“A presentación aos veciños será o domingo”, aclaraba Julita Rodríguez que, xunto Consuelo Iglesias, foron as costureiras encargadas de darlle forma a descrición do traxe, froito da tradición oral. A muller, de branco, con sabas de liño como eran antigamente grazas a doazón dos veciños; unha toquilla -herdanza da emigración- e lazos de cores na saia. Eles, cunha camisa branca, pantalón escuro e unha faixa roxa. A cara tapada, cunha máscara branca. Elas, as protagonistas da festa, cos labios pintados.
Sen fotografías nin documentos que atestiguaran como era o traxe, Cristina Rodríguez e Carmen Fernández membros da asociación veciñal A Pedra da Seara foron as encargadas de entrevistar aos mais maiores do lugar para ir trazando como era a vestimenta típica, e tamén as tradicións do Entroido, que arrancaban o sábado pola noite os mozos da Seara e terminaban, cunha queima, o martes de Entroido. “Foi un proceso moi emocionante. Falamos cos maiores, coa xente que se puidera acordar do traxe. Emilio nos axudou moito”, enfatizou Carmen, mirando ao bimbieiro que esgochaba un sorriso tras a máscara branca. “Aquí tiñamos moitas historias, pero non se escribiron e tampouco había fotos”, lamentaba o home que, aos seus 78 anos, lembraba as falcatruadas das que foi testemuña sendo un rapaz. “Tiñamos un meco, sempre o mesmo. Moi ben feito por un bo carpinteiro. Tiña cabeza e tronco, que os mozos subían nun carro engalanado e o levaban por todo o pobo, ata a praza de San Roque”, describía sobre un meco que, tras moitos anos de troula e outros tanto sen festa, acabou -creen os veciños- no lume dalgún fogar. “Estamos en conversas cun bo carpinteiro”, respondía Cristina ante a pregunta de si o domingo, voltará tamén, o meco.
Os que seguro estarán na Seara serán a damiña branca da Seara e o bimbieiro. Tras a presentación no local social, será a quenda do desfile pola Seara como antano. Haberá gaiteiros e, ao remate, unha comida de confraternización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”