Verín reforzará a seguridade nos días grandes do Entroido
PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
O plan de autoprotección do Entroido de Verín incluirá o Xoves de Comadres máis de 50 efectivos, videovixilancia e un Posto de Mando Avanzado
O Concello de Verín prepara xa o Entroido cun amplo dispositivo de seguridade coordinado pola área de Seguridade Cidadá. A base de Protección Civil acolleu unha reunión na que se presentou un plan de autoprotección para as datas sinaladas desta celebración, deseñado co fin de garantir o benestar de veciños e visitantes.
O plan reforzará os equipos dos grupos de emerxencia que colaborarán esta edición: as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Verín, A Gudiña, A Coruña e Ferrol, máis Policía Local, Garda Civil, Tráfico, a Axencia Galega de Emerxencias e Ambulancias Sil.
Outras das medidas acordadas son dispositivos especiais para os días grandes. O Domingo Corredoiro haberá cortes de tráfico na N-525 e rúas céntricas, con cobertura sanitaria na zona do desfile. Para o Desfile Infantil, a Policía Local regulará o tráfico no centro para evitar bloqueos e garantir o acceso dos servizos de emerxencia.
O Xoves de Comadres haberá máis de 50 efectivos coordinados dende un Posto de Mando Avanzado na Praza García Barbón, que contará con videovixilancia e un posto sanitario medicalizado na rúa Lisa. O Venres de Compadreo e o Sábado de Entroido tamén contarán con vixilancia e servizos sanitarios reforzados.
Cortes polos desfiles
Para os desfiles do Domingo e Martes de Entroido, manterase o dispositivo habitual con cortes de tráfico nas avenidas principais e rutas alternativas para as carrozas que non rematen o percorrido, a fin de evitar colapsos. O Concello distribuirá trípticos con consellos de seguridade e planos de evacuación, e instalará carteis na Praza García Barbón para informar sobre saídas de emerxencia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos
2019, SU PRIMERA GRANDE
Pogacar vuelve a La Vuelta siete años después y busca conquistar el maillot rojo