O BNG reclamará “máis dereitos e forza” para Galicia

ADELANTO ELECTORAL

Ana Pontón asegura que el BNG afronta las elecciones generales con “ilusión” y reivindica los avances logrados por la formación en Madrid

Reunión onte do Consello Nacional da organización nacionalista.
Reunión onte do Consello Nacional da organización nacionalista. | La Región

“O BNG irá a por todas, sen límite e con ilusión para darlle a Galicia máis forza”, dixo Ana Pontón, a líder do BNG despois de reunir onte o Consello Nacional da organización nacionalista. Pontón avanzou en Santiago que o BNG reclamará en campaña “máis dereitos e máis forza para Galicia”, nun adianto electoral para o que, remarcou, están preparadas e que afrontan desde a convicción de que esta cita coas urnas é unha oportunidade para lograr máis avances sociais.

A portavoz nacional do BNG reivindicou o traballo serio e rigoroso realizado neste sentido ao longo da lexislatura por un Bloque que só cun deputado e unha senadora acadou “máis avances para Galiza que o resto de deputados e deputadas ao servizo das forzas estatais” e contribuíu a “mellorar a vida da clase traballadora aquí e no conxunto do Estado”.

Como logros, sinalou os descontos de até o 75% na AP-9 e na AP-53, a transferencia da propia AP-9, unha quita da débeda de 4.000 millóns de euros, e o aumento das pensións máis baixas. “O BNG chega a estas eleccións cun traballo serio e rigoroso na defensa do país e dos dereitos das maiorías e é garantía de que haxa máis avances sociais, máis xustiza e máis igualdade social”, sintetizou.

E explicou neste punto que o Bloque fai algo que ninguén máis fai en Madrid e é representar “a mellor alternativa para todos os galegos e galegas que queren avanzar en dereitos e xustiza social sen deixar a Galiza atrás”.

Pontón tamén foi crítica cun “autoproclamado goberno máis progresista da historia” que, tras oito anos de goberno, non foi capaz de parar o desafiuzamento de Maricarmen, unha muller de 87 anos expulsada da súa casa “porque se permitiu que a vivenda se convertera nun negocio”.

“No tempo de desconto non se pode solucionar o que non se fixo durante oito anos, porque a situación de hoxe non cae do ceo, é consecuencia dun goberno que foi morno e timorato cando o que se precisaba era valentía e medidas contundentes”, lamentou.

Contenido patrocinado

stats