OBITUARIO
Un mundo para Echenique
OBITUARIO
Como homenaxe á figura do noso recentemente falecido artista Enrique Ortiz, queremos facer un percorrido pola súa traxectoria vital. Ortiz é un dos nosos grandes artistas, que ten a Ourense e Galicia no seu imaxinario, por pisar e surcar a Serra de San Mamede, os montes que rodean o Miño, e o mar das nosas rías... non en tanto traballou moito en Madrid. Alí foise en 1940, con 6 anos. E a maior parte das súas exposicións celebráronse fóra de Galicia e España. Nunca deixou de voltar a Ourense con frecuencia, máis concretamente a Ribela. O seu legado abrangue dende gravados e litografías de gran formato, pintura, nomeadamente temple sobre papel e multitude de libros de artista.
Ortiz estudou na escola de BB AA de San Fernando en Madrid e na Escola de Artes Gráficas. Completou estudos de litografía na École de Beaux Arts de París cunha bolsa da Fundación Juan March e dende alí viaxa e amplía formación na Bath Academy de Gran Bretaña, na Escola de Gravado de Amsterdam e finalmente completará estudos de litografía en Oslo.
Na primeira etapa da súa produción evidéncianse conviccións políticas e na segunda o interese pola vida trascende o social, faise máis universal. Decisións tan vitais coma técnicas, o gravado democratizador posto que permite difundir pezas de arte orixinais entre máis dunha persoa a un prezo asequible, e o temple elaborado por el mesmo, sobre papel, fai a pintura resultante un obxecto máis no mundo, non unha representación.
Entre 1967 e 68, ano no que pechou por orde gobernamental, formou parte de Estampa Popular Galega, co apoio do seu gande amigo Luis Seoane, do que di: “Ortiz Alonso coñece o mar. Debúxao e grávao como pode facelo un navegante, desde o mar mesmo”. Nesta mesma liña apunta Manuel Gallego Jorreto: “Os seus personaxes poden ser o río, a charca, o mar, as árbores, os bosques, as nubes, os homes”.
E tamén con Patiño compartiu proxecto o Brais Pinto onde estaban Bernardino Graña e Uxío Novoneira, desta vez un grupo literario. A literatura é outra paixón, como a música. A obra gráfica ten de sempre unha conexión cos textos; nos dous casos edítanse, e o feito de ser o gravado un procedemento indirecto por ter que elaborar unha matriz coa imaxe invertida para despois transferila ao papel, obriga a unha reflexión complementaria á plástica, como el mesmo di: “Para gravar e para escribir hai que sentarse”. Unha frase que na súa sinxeleza esconde e mostra a partes iguais, a exquisita sensibilidade e grao de humanismo dun home que mostrou a súa obra en: París, Atenas, Lisboa, Turín, Amsterdam, Oslo, Montevideo, Barcelona, Madrid, Bilbao, Bos Aires, A Coruña, Ourense. Agora quedamos pendentes de manter vivo o seu legado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBITUARIO
Un mundo para Echenique
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este jueves, 12 de marzo, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este miércoles, 11 de marzo, en Ourense
Lo último
ALTERCADOS NOCTURNOS
Varios heridos y destrozos en Vigo tras una pelea entre ultras del Celta y del Lyon