Pérderse un intelectual, un home culto, e un político de carácter rebelde

OBITUARIO

Publicado: 08 oct 2026 - 21:39 — Actualizado: 08 oct 2026 - 21:41
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Co pasamento de Beiras pérderse un intelectual, un home culto, e un político de carácter rebelde. No que foi a súa traxectoria parlamentaria, eu distinguiría dúas etapas.

A primeira e a máis enriquecedora, a que sendo líder e voceiro parlamentario do BNG, protagonizou debates con Fraga, que elevaban a política e o pensamento a níveis de gran altura e lucidez, improvisaban e citaban filósofos e pensadores facendo do Parlamento unha clase maxistral de oratoria e reflexión.

Este foi un día triste para min, porque independentemente das distancias ideolóxicas, tiñamos unha longa e cordial relación.

Despois ven unha segunda etapa, en AGE. Esta é outra historia, na que froito dos desencontros internos, as tensións con Yolanda Díaz e os socios de coalición, se enrarece o ambiente. Neste contexto foi cando se achegou a Feijóo dando puñetazos ao seu escano. Noutra ocasión cheguei a ter que expulsalo cando se encamiñou moi axitado cara outro deputado do PP. Marchou dando un portazo, foi sancionado, pero non houbo grandes protestas pola súa parte. Este foi un día triste para min, porque independentemente das distancias ideolóxicas, tiñamos unha longa e cordial relación.

Cómo ańécdota, lembro cando, sendo vicepresidente, mandei retirar os cinceiros dos escanos para evitar esa imaxe pouco saudable dos diputados fumando pitillos ou puros. O primero que fixo Beiras ao chegar foi manifestar á súa protesta, e despois, xa fora do pleno, cando lle expliquei a decisión, díxome: “Bueno, carallo, chegaron os médicos intervencionistas al Parlamento”, e aí quedou a historia.

Contenido patrocinado

stats