TEATRO PRINCIPAL
Representación teatral de “Insurrection”
QUINTA EDICIÓN
Detalles del evento
A Insua dos Poetas (A Esgueva, Madarnás, O Carballiño) celebrará o vindeiro sábado, 14 de novembro, a quinta edición do seu magosto popular dos nenos e nenas, a modo de peche do magosto no Carballiño. A iniciativa comezará a partir das 16,00 horas.
“É, sobre todo, un magosto tradicional, sen nada que ver coas contaminacións do Halloween e do Samaín”, explica Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, organizadora do evento. En consonancia con ese espírito tradicional ao que fai referencia, a iniciativa, de entrada libre, ofrecerá un menú típico desta celebración, composto por castañas, chourizos, bica e bebida para o desfrute de todos.
Xunto con esta aposta pola tradición, tamén haberá espazo para o lecer, con propostas pensadas especialmente para os máis pequenos da casa e nun espazo natural e cultural como o é a Insua dos Poetas. Segundo confirma González Tosar, instalaranse xogos infantís e atraccións como os anos anteriores, que permanecerán dispoñibles ata o final da xornada, ás 19,00 horas. Para completar a oferta, a programación incluirá un espectáculo de maxia, que se sumará á música de DJ Tibu, encargado de amenizar o evento durante toda a tarde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TEATRO PRINCIPAL
Representación teatral de “Insurrection”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 4 de noviembre?
AGENDA MUSICAL
Concierto de Alfonso Medela en O Carballiño