Arxentina e Uruguai contarán con feiras de emprego galegas
XUNTA DE GALICIA
A Xunta trata de potenciar a captación de talento exterior da man de empresas de Galicia. Nesta liña, anunciou que na primeira quincena de marzo, a Xunta organizará feiras de emprego específicas na Arxentina e no Uruguai dentro da aposta pola colaboración institucional en materia de migración laboral
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, compareceu onte a petición propia no Pleno do Parlamento galego para dar conta dos eixes estratéxicos que impulsa a Xunta co obxectivo de dar resposta a retos estruturais do mercado como a cobertura de vacantes ou o absentismo laboral. En concreto, explicou a folla de ruta que está a seguir o Goberno autonómico potenciando tanto a forza laboral interna como a atracción de talento foráneo -seguindo as directrices trazadas pola UE para afrontar a falta de man de obra-, sempre de xeito ordenado e da man das empresas.
En relación coa atracción de talento exterior, anunciou que na primeira quincena de marzo, a Xunta organizará feiras de emprego específicas na Arxentina e no Uruguai dentro da aposta pola colaboración institucional en materia de migración laboral, e que vai parella á coordinación coas necesidades das propias empresas galegas, que terán a oportunidade de captar talento en ambos países -nos que se iniciará esta medida de xeito piloto- para facer fronte ás súas perspectivas de crecemento e garantir a súa competitividade.
Traballadores foráneos
No que respecta aos traballadores foráneos, José González expuxo que, ademais das feiras de emprego que se realizarán na primeira quincena de marzo na Arxentina e no Uruguai en coordinación coas necesidades das empresas galegas, a Xunta prioriza a atracción de talento dos galegos da diáspora no marco da Estratexia Galicia Retorna, ao abeiro da que no 2025 se están a impulsar medidas co prazo aberto actualmente como as bolsas BEME (2,55 millóns de euros) ou o Retorna Cualifica Emprego (2,3 millóns de euros), que nesta anualidade prevé beneficiar arredor de 200 galegos do exterior. Poñerase o foco en seguir afinando a selección en orixe en liña cos perfís que buscan as empresas e incorporando axudas para o aluguer que se completarán cunha nova orde bianual en 2025 para promover a rehabilitación de vivendas.
Así mesmo, lembrou que a Xunta tamén impulsa a captación de talento estranxeiro en colaboración con terceiros países, no marco da cal se están celebrando diferentes reunións con embaixadores de países de América Latina co obxectivo de abordar en conxunto o reto da cobertura de emprego e a realización de accións en orixe.
Na súa intervención, insistiu de novo en reclamar ao Goberno central unha maior colaboración para poder potenciar as medidas impulsadas pola Xunta, tanto no tocante á flexibilización dos fondos de formación para o emprego como na axilización da homologación de títulos do estranxeiro ou na consideración das microformacións como unha vía de arraigo dos inmigrantes irregulares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"VULNERADA LA IMPARCIALIDAD"
La nueva presidenta del Contencioso del TSXG aparta al juez Villares de la sección encargada de eólicos
QUEDÓ SEMIINCONSCIENTE
Herida grave una septuagenaria en Tomiño tras ser atacada por una decena de perros
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas