José González estreita lazos en Bos Aires coa diáspora galega
ARXENTINA
José González, acompañado de Antonio Rodríguez Miranda, mantivo este domingo un encontro coas entidades galegas na Arxentina, no marco da Gran Romería Galega do Centro Galicia de Bos Aires
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo este domingo un encontro coas entidades galegas na Arxentina, no marco da Gran Romería Galega do Centro Galicia de Bos Aires. Alí, salientou o firme compromiso da Xunta coa colectividade do exterior para garantir a preservación da orixe e da identidade galegas no mundo. Primeiramente, no encontro cos presidentes das entidades galegas na Arxentina, o titular de Emprego agradeceu o seu traballo e sinalou que sen elas “non habería xeito de falar da terra nai con maiúsculas, unha terra que nos enche de orgullo o corazón e que vai con nós onde queira que vaiamos, máis aló de fronteiras”. Engadiu que ese labor permite “seguir mantendo vivos os lazos con Galicia e España, eses lazos invisibles que nos unen para sempre”. De cara ao futuro, aseverou, é primordial que “fortalezamos o papel das entidades galegas na Arxentina para garantir o seu futuro e a súa relevancia na diáspora”.
González enxalzou a Gran Romería Galega como “unha mostra máis da riqueza cultural e folclórica de Galicia, así como da unión e da solidariedade dos galegos e galegas da emigración para manter vivo o seu legado”. Ante máis de 2.000 persoas, o conselleiro reafirmou tamén o apoio continuo do Goberno galego aos centros do exterior, agradecendo o importante labor que realizan e destacando o seu papel fundamental para preservar a cultura galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XENTES POPULARES
A forza da transmisión
INVERSIÓN EXTRANJERA
SAIC recibe su "primera autorización" para la instalación de su planta en Ferrol
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
O importante é chegar
EN BUSCA DE LA PAZ
Bruselas aborda el futuro de Ucrania con Estados Unidos y la OTAN
Carmen Tomás
TRIBUNA
Nada que celebrar, ministra
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de noviembre