PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
TRAS A RUPTURA DE ANOVA
A única deputada do colectivo Cerna que ata agora estaba integrada en AGE no Parlamento de Galicia, Chelo Martínez, solicitou integrarse no Grupo Mixto, tras a ruptura de Anova na súa segunda asemblea. Este grupo decidiu en referendo deixar a organización que lidera Xosé Manuel Beiras por discrepancias coa política de alianzas da organización.
A petición de Chelo Martínez formalizouse este martes, segundo o escrito rexistrado no Parlamento galego ao que tivo acceso Europa Press. O distanciamento de Chelo Martínez coa coalición fíxose patente durante a discusión sobre as alianzas para as eleccións europeas de maio deste ano, cando publicamente discrepou do pacto con Esquerda Unida (EU), os seus compañeiros de bancada.
Estas mesmas diferenzas foron as que afastaron aos que foran os máis estreitos colaboradores de Xosé Manuel Beiras --Mario López Rico e Luis Eyré-- co veterano nacionalista, xa que o histórico dirixente optou pola alianza con Esquerda Unida.
No Grupo Mixto do Parlamento galego xa está unha deputada procedente de EU, Carmen Iglesias, que relevou a David Fernández Calviño (Anova) cando este se foi a Dinamarca como investigador. Esa foi a primeira crise da coalición, cando a número dous por Ourense non aceptou deixar a súa acta para que a collese a seguinte na lista e manter, así, o equilibrio de forzas entre os socios que saíu das urnas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PATRIMONIO CULTURAL
Galicia recibe con honores a las esculturas de Carboeiro
LA MADRE DEL ACUSADO, HERIDA
Un hombre detenido en Navarra acusado de asesinar a su mujer
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un accidente obliga a cortar la A-6 en ambos sentidos en Baralla
LIBERAR A LAS EXPLOTACIONES
La Xunta publica el plazo de solicitudes para que centros de embalaje puedan encargarse del marcado de huevos
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?