TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado
A voz de Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) abriu o pleno extraordinario que a Real Academia Galega celebrou hoxe en Vigo para reivindicar o seu legado. A escritora, editora e tradutora recitando versos do seu derradeiro poemario, Intempériome (2003), en diálogo coa música de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera, marcou o comezo do acto central do Día das Letras Galegas, unha conmemoración na que Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas pronunciaron as alocucións académicas sobre a autora á que a RAG dedica este 17 de maio.
Os tres recorreron á palabra da poeta e puxeron o acento no carácter rebelde e na lectura de xénero dunha poesía á intemperie, envolta "nas entrañas das vidas á marxe" e que "uestiona exércitos inoculados de acomodo”, expresou Ana Romaní. "Crear, di Xela, é inventa-lo mundo e mailas marxes do mundo. Crebar as marxes, inventar outras novas", coincidiu Marilar Aleixandre. Porque ela foi, en palabras de Manuel Rivas, unha muller "a camiñar pola liña do horizonte", unha creadora que escolleu botarse "fóra da orde do día".
As Letras Galegas de Xela Arias celebran a poesía singular e transgresora da autora, e a súa procura de novos espazos para ela, facéndoa dialogar con outras artes: dende a ilustración, presente no seu primeiro poemario, Denuncia do equilibrio (1986), e a fotografía —coa que comparte protagonismo en Tigres coma cabalos (1990) e na portada do libro que escribiu sobre a experiencia da maternidade, Darío a diario (1996) —, ata a música, á que se achegou especialmente na última etapa da súa vida, tras a publicación de Intempériome. Para esta obra preparaba un espectáculo de poesía e música contemporánea con Fernando Abreu cando a morte prematura a sorprendeu en novembro de 2003. O músico recuperou este ano aquel proxecto truncado como homenaxe á escritora baixo o título Vencerse é cousa de se tratar. A actuación musical que abriu o pleno da RAG foi unha adaptación especial da proposta que trouxo ao Auditorio Mar de Vigo a poesía da autora na súa propia voz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado
HASTA EL 4 DE SEPTIEMBRE
Abierto el plazo para optar a dos plazas de ingeniero técnico en el Sergas
Lo último
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
FAMILIA
Espectáculo “A maxia que conta”
FESTA DO PULPO
Tapa de pulpo gigante de Carballiño 2026
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Fiesta Mexicana de Avión 2026