PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
PATRIMONIO CULTURAL
A Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres empeza mañá a dar os primeiros pasos e o Patronato mantén o seu primeiro encontro no Parlamento de Galicia. De acordo coa norma que a regula, o xefe do Lexislativo, neste caso Miguel Santalices, ocupa a Presidencia do Padroado.
Fontes de distintas institucións confirmaron que está previsto que o Pazo do Hórreo albergue pola tarde o encontro no que se formalizará a constitución do padroado, ademais de elixir os titulares da Vicepresidencia e a Secretaría do mesmo.
Unha vez cumprimentados outros pasos previstos para a Fundación -foi declarada de interese galego- e constituído formalmente o padroado, o encontro de hoxe permitirá abordar as primeiras medidas de posta en funcionamento e outras cuestións como a deleganción na Presidencia para as contratacións.
Como integrantes do Padroado están o propio Santalices e os representantes de PP, BNG e PSdeG na Mesa do Parlamento; así como o conselleiro de Cultura, José López Campos; a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; e o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto.
A Fundación do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, situado na Igrexa de San Domingos de Bonaval e no que repousan os restos de Rosalía de Castro ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, entre outros intelectuais e personalidades de Galicia, quedou formalmente constituída en abril.
Este trámite permitiu pechar un proceso que se iniciou cando se empezou a desenvolver a lei aprobada por unanimidade no verán de 2023 para sacar do limbo xurídico ao Panteón, que queda identificado normativamente como símbolo de Galicia. Nela determinábase que sería xestionado a través dunha fundación.
As bases da súa activación empezáronse a sentar nun encontro formal en outubro do ano pasado coa implicación de Parlamento, Xunta, Concello de Santiago e Arcebispado, a quen os Estatutos desta fundación pública de interese galego sinala como fundadores. A fundación naceu cun capital de 30.000 euros.
Os Estatutos da fundación sitúan o domicilio da fundación na sede do Parlamento de Galicia, na capital galega, e determina como os seus obxectivos honrar a quen se distinguiron en vida “polos servizos prestados a Galicia”.
Os estatutos tamén recollen que o padroado (integrado por representantes do catro institucións fundadoras) dará información “suficiente” dos fins e das actividades da fundación para que sexan coñecidos polas súas eventuais persoas beneficiarias e polas demais interesadas, conforme a normativa sobre transparencia que sexa aplicable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico
Lo último