SANIDAD DIGITAL GALLEGA
Los pacientes podrán chatear con los médicos de familia
MUJERES Y CIENCIA
A candidatura encabezada por Rosa Crujeiras, catedrática de Estatística e Investigación Operativa na Facultade de Matemáticas da USC, gañou as eleccións do reitorado e Crujeiras, que competía en segunda volta con Maite Flores, convértese así na primeira reitora na historia da Universidade de Santiago de Compostela, fundada en 1495.
Rosa Crujeiras alcanzou o 61,65% do voto ponderado e superou por 31,8% á catedrática de Óptica Maite Flores y 6,5% votos en blanco. En concreto, a catedrática gañou nos catro sectores nos que se divide a comunidade universitaria: foi a máis votada entre o profesorado permanente (29,39%), o resto de persoal docente e investigador (6,62%), o alumnado (18,71%) e entre o persoal de administración e servizos (6,93%).
En canto aos datos de participación destas eleccións, foi o sector do profesorado permanente o que máis se mobilizou, concretamente cun 87,37%. O persoal de administración e servizos rexistrou un 77,75% de participación, o resto de persoal docente e investigador (PDI) situouse no 59,37%, e a participación entre o alumnado foi do 26,99%.
Na web da candidatura, Crujeiras recordaba no seu perfil: “O meu labor docente desempeñeino en varios títulos de distintos centros da USC: Bioloxía, Enfermaría, a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Filoloxía, e por suposto, Matemáticas. Estas experiencias permitíronme coñecer mellor a nosa universidade, os seus valores e necesidades, reforzando o convencemento de que os grandes retos na investigación e na formación só se poden abordar con éxito cando conflúen distintas miradas”.
Crujeiras estará acompañada na súa directiva por Roberto Bande Ramudo, na vicerreitoría do Campus de Lugo; Lorena Añón, en Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar; Pablo Durán Santomil, en Economía, Infraestruturas e Sostibilidade; Almudena Hospido Quintana, vicerreitora de Investigación e Ciencia Aberta; Marcelino Maneiro, vicerreitor de Innovación e Transferencia do Coñecemento; Reyes Laguna Francia, en Ordenación Académica e Oferta Formativa; Pablo Taboada Antelo, en Profesorado e Innovación Docente; Ana Cabana Iglesia, en Cultura, Lingua e Patrimonio; e Alicia Villalba Sánchez, como secretaría xeral da USC.
Nunha entrevista recente, Crujeiras defendía o seu proxecto como un proxecto “maduro” baseado en “a sustentabilidade, o respecto e os valores da cultura democrática”. “Quero unha universidade feminista e libre de violencias, onde cada quen atope o seu sitio e poida desenvolver a súa carreira como estudante e como persoa traballadora”, declaraba.
Sobre a situación da vivenda para alumnado e traballadores, Crujeiras cualificábaa de “emerxencia social” e propuña alianzas cos concellos de Santiago e Lugo para mobilizar alugueres alcanzables.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
NOVA EDICIÓN
Festa do Pemento de Herbón
FIESTAS APÓSTOL
Concierto de The Rapants
FIESTAS APÓSTOL
Concierto de Eris Mackenzie y Bewis de la Rosa