A Xunta identifica no litoral ata 1.600 novos bens culturais
870 EDIFICACIÓNS
Alfonso Rueda eleva a unhas 870 as edificacións agora baleiras que poderán dispor dun novo uso
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, revelou que o Executivo autonómico xa ten identificados 1.600 elementos a incluír no futuro catálogo de bens de valor cultural no litoral. Deles, asegurou que, ao redor de 870, son edificacións que poderán ter novos usos compatibles coa súa conservación.
A análise para o deseño do futuro catálogo, segundo remarcou o xefe do Executivo galego, desenvolveuse en tan só dous meses desde a asunción das funcións e servizos en materia de ordenación e xestión do litoral por parte da Xunta.
Acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, o presidente do Goberno galego visitou a antiga factoría baleeira de Caneliñas, en Cee. Neste marco, puxo en valor a riqueza histórica, natural, cultural e produtiva do litoral de Galicia.
Non en balde, destacou que se trata “da comunidade autónoma con máis quilómetros de costa”, máis de 2.500 quilómetros, e que concentra máis do 50% do emprego do sector nacional do mar e achega ao redor do 5% do PIB galego, a través da cadea mar-industria.
A Xunta reivindica que a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral en Galicia (Loxilga), en vigor desde hai dous anos, converteu Galicia na primeira comunidade en regular por lei a totalidade da súa costa, exercendo desde o pasado 1 de xullo, tal e como lembrou o presidente, a súa xestión plena e efectiva co traspaso das funcións e servizos correspondentes.
Segundo destacou, este marco normativo supón un punto de partida que dota a Galicia da capacidade de actuar e planificar o futuro do seu litoral, algo que “valía a pena xestionar”.
En eta conxuntura, Rueda indicou que o futuro catálogo, “moi heteroxéneo”, será un dos primeiros froitos desta nova etapa. Após revisar un inventario inicial de máis de 450 edificacións nos 86 concellos costeiros, completouse un estudo exhaustivo que elevou a cifra a máis de 1.600 elementos con valor cultural.
Deles, ao redor de 870 son edificacións que poderán ter novos usos compatibles coa súa conservación, como faros, muíños, hórreos ou a propia fábrica baleeira de Cee.
Revitalizar construcións
Rueda defendeu que o obxectivo é revitalizar estas construcións para que deixen de “deteriorarse” e de ser ruínas esquecidas, e transfórmense, de novo, en espazos útiles, xeradores de actividade, emprego e orgullo colectivo.
Ademais, remarcou que o proxecto de decreto do catálogo está xa en tramitación, após unha consulta pública realizada este verán. O próximo paso será sometelo a información pública en outubro coa previsión de aprobalo “antes de que finalice este ano”.
O presidente asegurou, ademais, que a Xunta xa está a traballar tamén na senda que conectará todo o litoral galego desde Ribadeo até A Guarda.
Neste contexto, onte abriuse o prazo para que as titulares -persoas físicas ou xurídicas- de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración situados en municipios costeiros de Galicia poidan optar á liña de axudas destinada ao embelecemento do litoral galego.
Esta convocatoria supón un investimento de 5 millóns de euros en distintas actuacións de mellora enerxética, dixitalización e mellora das fachadas dos edificios da liña de costa de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Una colisión contra un garaje y una farola en Nochebuena deja un muerto en Rianxo
NAVIDAD EN GALICIA
El Apalpador, el Tizón de Nadal y otras tradiciones de la Navidad en Galicia
MESES EN CONDICIONES PRECARIAS
Localizados en Sober un menor y su madre con orden de búsqueda en Alemania
Lo último
SUBIDA DEL 6%
Gráfico | El gasto en pensiones marca un nuevo récord
Oriente Próximo
Mueren tres personas por una explosión en una mezquita en Siria