LA REVISTA
La playlist de...Triángulo de Amor Bizarro
"Últimas dionisíacas” chámase o novo directo de Fillas de Cassandra, “un convite ao festexo colectivo e catártico” co que percorrerán primeiro Galicia e despois España o dúo que integran María SOA e Sara Faro.
Logo de derrubar a “Acrópole” e subir aos altares das grandes salas de concertos e festivais do país coas súas letras directas e a forte conexión co público, Fillas de Cassandra bota unha última ollada á polis. Este 2024 o dúo regresa cun novo directo, “Últimas Dionisíacas”, unha proposta na que brillan a mestura entre o tradicional, o pop e o techno ten un efecto catártico.
Con Vigo como puntapié inicial e o Auditorio Mar de Vigo o 16 de febrero como primeiro escenario dunha intensa e extensa xira, Fillas de Cassandra ofrece unha nova proposta escénica e musical, na que fará unha relectura dos temas máis recoñecidos do seu primero LP, “Acrópole”, desde unha electrónica máis escura e potente; ademais de recuperar algúns dos sinxelos publicados nos últimos meses e avanzar outros inéditos para o público.
“Últimas Dionisíacas’ é un espectáculo que aposta polo inédito, que existe só no aquí e agora do directo, sen chegar a reproducirse nunca. Cantos efímeros, revisitacións da ‘Acrópole’ e parte do que ha de ser o noso próximo traballo discográfico convive nunha única escena atravesada pola luz, a escenografía e moito do indesvelable”, explica o dúo.
Así, neste novo directo, concibido por Sara e María como un “festexo colectivo e catártico, que só pode acontecer na convivencia entre o público e o palco”, a luz e a escenografía terán un papel moi relevante. Ademais, entre as novidades da proposta, o dúo estará acompañado doutras dúas músicas, Tania Caamaño e Marina Vidal, apostando así pola organicidade do piano, o bombo legüero, as pandeiretas, os pandeiros, violín ou as harmonías vocais en rigoroso directo, mais sen esquecer as bases electrónicas producidas por María SOA e Berto.
A promesa da música galega conságrase, deste xieto, cunha proposta de calidade artística e escénica onde a luz e a escenografía veñen sumarse aos xa recoñecidos puntos chave do seu éxito: a forte presencia e conexión co público, as súas letras directas e emotivas e a súa sonoridade na que volven a demostrar que a mestura entre o tradicional, o pop e o techno teñen un efecto único.
Os sinxelos publicados ao longo do ano pasado, como “Tola”, “Taratavoa” (con Galician Army) e “Canta miña sombra”; oficiarán como adiantos do que virá no actual ano 2024 de parte de Fillas de Cassandra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA REVISTA
La playlist de...Triángulo de Amor Bizarro
LA REVISTA
Manuel Castro: virtuosismo en la bodega
La REVISTA
Oh! Gunquit, trompeta +hula -hoop
Lo último